Esforzo colectivo para internacionalizar a economía galega

Creado en 1992, o Plan de Fomento das Exportacións de Galicia (Foexga) reúne en accións estratéxicas empresarios, Goberno e cámaras de comercio.

Co obxectivo de contribuír á internacionalización da economía galega, hai 18 anos creouse o Plan de Fomento das Exportacións de Galicia (Foexga). Anualmente, preto de 1.500 empresas participan nas iniciativas do programa organizadas para que favorezan o seu negocios no exterior.

No segundo semestre deste ano desenvolveronse dentro das actividades do Foexga 34 misións empresariais de diversos tipos. As empresas galegas tamén participaron en encontros de negocios, feiras e accións sectoriais de carácter especial. Todo o programa foi desenvolvido polas nove Cámaras de Comercio galegas.

O plan está financiado conxuntamente pola Xunta de Galicia, as empresas e as Cámaras de Comercio galegas. O plan tamén conta co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

827 lecturas