Novas
Buscador
- A Xunta de Galicia promove a internacionalización do audiovisual galego no mercado Ventana Sur que se celebrará do 2 ao 6 de decembro en Bos Aires 30.11.2011 audio O Consorcio Audiovisual de Galicia encabeza a presenza galega en Arxentina a través dunha delegación de 14 empresas audiovisuais que establecerán contactos de cara á coprodución de proxectos e á busca de novos formatos de traballo. A Xunta de Galicia promoverá do 2 ao 6 de decembro a internacionalización do audiovisual galego no mercado Ventana... Máis información
- Técnicas e técnicos de seis países europeos asesoran hoxe en Santiago ás persoas interesadas en coñecer ofertas de emprego das distintas rexións 28.11.2011 audio A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe a Xornada europea de emprego da rede Eures, unha iniciativa que naceu no ano 1993 para fomentar a mobilidade laboral en Europa. Actualmente, na rede Eures hai 1,2 millóns de ofertas de emprego dispoñibles nos 31 países que forman parte deste proxecto. Mato apostou por aproveitar as... Máis información
- «Cando me preguntan digo sempre que son de Carballo» 28.11.2011 audio Pediatra neonatólogo, traballa agora no hospital La Paz de Madrid. Alejandro Ávila leva unha carreira médica envexable a pesar da súa xuventude (fai nada cumpriu 30 anos). Pediatra especializado en neonatoloxía, o ano pasado logrou unha bolsa da Fundación María José Jove para unha estanza no Children´s Hospital de Boston, vinculado á Universidade... Máis información
- As xornadas "Novidades da normativa en materia de estranxeiría", organizadas pola Secretaría Xeral da Emigración, conclúen cunha ampla acollida e participación 26.11.2011 audio Preto de cen profesionais de entidades sociais e da Administración local achegáronse ata a sede da EGAP para participar nesta actividade formativa. A Secretaría Xeral da Emigración vén de celebrar dúas xornadas sobre as Novidades da normativa en materia de estranxeiría, dirixidas ao persoal das entidades sociais e ao persoal da Administración... Máis información
- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA XUNTA DE GALICIA NA CELEBRACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES 25.11.2011 audio Conmemórase hoxe, 25 de novembro, o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, baixo os auspicios das Nacións Unidas, unha data que debe de provocar unha reflexión sobre o valor universal da igualdade, como ben común. A Xunta de Galicia quere convidar á consideración colectiva sobre o prezo inasumible que paga esta... Máis información
- A Xunta Electoral Central ratifica a desestimación do recurso do PSdeG sobre o reparto de axudas asistenciais en Cuba 23.11.2011 audio O PSdeG interpuxo recurso contra o acordo desestimatorio da Xunta Electoral Provincial do 14 de novembro. A Xunta Electoral Central non aprecia vulneración do artigo 50 da LOREG, dado que as axudas se convocaron en decembro de 2010 e foron executadas por entidades bancarias sen presenza de persoal da Xunta de Galicia A Xunta Electoral Central... Máis información
- A premiada "Tyrannosaur" abre na Coruña o ciclo "O cine ante a violencia de xénero" da Secretaría Xeral da Igualdade e do CGAI 22.11.2011 audio Forma parte da programación de actos da Xunta para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero A campaña inclúe un spot, que se emite en TVG e nas salas de cine, vallas nas principais cidades e as traseiras dos autobuses urbáns da Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo Hoxe da comezo na Coruña o ciclo “Por unha... Máis información
- Segunda marcha Xacobea por París 21.11.2011 audio O Círculo Cultural Galego da capital francesa busca aumentar a participación na ruta, á que o ano pasado se uniron máis de 300 persoas. O Círculo Cultural Galego de París (CICUGAPA) organiza para o sábado 26 de novembro unha nova marcha pola capital francesa, co obxectivo de promover a súa ruta xacobea e recordar a importancia que tivo París na... Máis información
- Resultados das Eleccións Xerais 2011 20.11.2011 audio Os resultados provisionais e oficiais das Eleccións Xerais a Cortes 2011 poden consultarse accedendo á páxina web do Ministerio del Interior http://www.generales2011.mir.es/ini99v.htm Máis información
- "Galiza Sempre" levará aos escenarios porteños a tradición galega 18.11.2011 audio O espectáculo galaico-arxentino Galiza Sempre levará aos escenarios porteños a música celta e os bailes tradicionais de Galicia o próximo sábado 19 de novembro ás 21.00 horas no teatro ND/ATENEO. A fundación Xeito Novo leva a cabo esta iniciativa na que se dan cita o tradicional e o moderno da cultura galega. Nas súas 27 edicións converteuse nun... Máis información
Páxinas |









