Novas
Buscador
- Presentan unha iniciativa para denominar Rosalía de Castro a unha rúa de Mar do Prata 13.09.2012 audio Un edil da localidade arxentina presentou un proxecto no que solicita cambiar o nome á rúa Rufino Inda. Rosalía de Castro podería ter máis presenza en Arxentina. O concelleiro de Mar do Prata Mario Rodríguez presentou un Proxecto de Ordenanza para denominar co nome da escritora galega á rúa que actualmente ten o nome de Rufino Inda. Trátase dun... Máis información
- O Concello da Coruña apoia un programa da ONGD Ecos do Sur para a Inserción laboral de colectivos vulnerables 12.09.2012 audio Destinará 6.000 euros ao programa "Inserción laboral ao inmigrante". O Concello da Coruña destinará 6.000 euros ao programa "Inserción laboral ao inmigrante", da ONGD Ecos do Sur. O obxectivo xeral deste servizo é facilitar o acceso ao emprego do colectivo inmigrante e emigrante retornado, así como a persoas en risco de exclusión social... Máis información
- Igualdade concede 19.400 euros ao centro de acollida María Nazarena para mulleres en situación de vulnerabilidade 11.09.2012 audio A titular do departamento, Susana López Abella, celebrou esta mañá unha xuntanza coas responsables do centro ubicado en Burela (Lugo), na que estivo acompañada polo alcalde da localidade, José González Barcia. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha xuntanza coas responsables do centro de acollida María... Máis información
- A Xunta de Galicia presenta en Santiago de Compostela o novo corrector de galego Imaxín Galgo 2.0 11.09.2012 audio Esta nova ferramenta, que pode descargarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, está adaptada á normativa do ano 2003 e conta coa posibilidade de funcionar en Mac e mais nas últimas versións de Windows. Xesús Vázquez Abad enmarcou o desenvolvemento do novo corrector na aposta da Xunta de Galicia por fortalecer a presenza do galego... Máis información
- A Xunta súmase un ano máis ao recoñecemento ao labor das e dos cooperantes galegos 10.09.2012 audio Celebrouse a sexta edición do Día das Persoas Cooperantes. Segundo datos do Rexistro de Cooperantes Galegos no Exterior son máis de 100 as e os galegos cooperantes no exterior. A Xunta súmase un ano máis ao recoñecemento público do labor que desenvolven as persoas cooperantes, felicitándoas pola profesionalidade que imprimen cada día ao seu... Máis información
- O CIM de Vilagarcía incorpora un servizo de teletradución a 51 idiomas 07.09.2012 audio Ofrecido sen custo pola Secretaría Xeral da Igualdade, mellora a atención ás mulleres e ás vítimas de violencia de xénero inmigrantes, facilitando unha comunicación verbal máis eficaz. O Centro de Información á Muller de Vilagarcía (Pontevedra) incorpora desde onte un servizo de teledradución a 51 idiomas para mellorar a atención ás mulleres e... Máis información
- Máis de 8.000 mozos e mozas participaron nas actividades da campaña de verán de Xuventude 06.09.2012 audio En concreto, ofertáronse campamentos de verán, con intercambios con outras comunidades autónomas; oferta concertada de prazas nas instalacións xuvenís do departamento autonómico; actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo; e accións para mozos e mozas descendentes de galegos e galegas, residentes no exterior. Con respecto á oferta de... Máis información
- O electorado galego no estranxeiro poderá solicitar o seu voto ata o 22 de setembro 05.09.2012 audio Un total de 397.284 persoas poderán exercer o seu dereito dende fóra do país para as eleccións do 21-0. Un total de 397.284 persoas con dereito a voto nas eleccións galegas do 21 de outubro poderán elixir ao próximo presidente da Xunta de Galicia. Esta cifra supón un aumento de 62.585 persoas respecto ás autonómicas de marzo de 2009. Estes... Máis información
- Igualdade desenvolve con Médicos do Mundo un programa de asistencia a mulleres inmigrantes vítimas da prostitución, cun presuposto de 111.000 euros 04.09.2012 audio Forma parte do programa de colaboración da Xunta coas entidades que traballan neste eido en Galicia, dotado cun presuposto de 964.000 euros desde a súa posta en marcha en 2010. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuníuse onte cunha representación da directiva de Médicos do Mundo de Galicia, formada pola presidenta, Nieves... Máis información
- Sanidade garante o acceso á asistencia ás e aos inmigrantes irregulares sen recursos e dálles 6 meses de prazo para actualizar a súa situación 03.09.2012 audio A Xunta manterá a cobertura sanitaria -en Galicia- das persoas que soliciten á súa inclusión no programa dende a primeira asistencia médica que reciban a partir do 1 de setembro ata que se resolva a súa inclusión. A Consellería de Sanidade facturará a asistencia sanitaria que preste a todas as persoas que estean obrigadas ao pago. A Consellería... Máis información
Páxinas |









