Novas
Buscador
- O Programa de Estudos Galegos da UERJ estrea novo logo 14.10.2014 audio O Programa de Estudos Galegos (PROEG) da Universidade do Estado do Río de Xaneiro abriu o pasado mes de xullo un concurso para a creación do novo logo do programa. Tras a recepción de varias propostas, o Grupo de Investigación Galega da UERJ decidiu que o gañador é o logo enviado por Gian Henrique Machioski, formado en deseño gráfico pola... Máis información
- Visita de Miras e Miranda ao ‘Hogar de San José’ en Caracas 13.10.2014 audio O director xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Aurelio Miras, e mailo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitaron o Hogar de San José en Caracas, unha das institucións que acolle a cidadás e cidadáns galegos e españois que, pola súa idade e/ou condicións socio sanitarias, precisan de atención... Máis información
- Turismo de Galicia promociona a gastronomía galega na capital de Brasil 10.10.2014 audio Nava Castro presentou a oferta gastronómica da comunidade galega no Centro de Aperfeiçoamento em Gastronomia do Senac en Brasilia. A directora de Turismo de Galicia tamén mantivo unha xuntanza co secretario de Asuntos Internacionais do Goberno do Distrito de Brasilia, Odilón Frazao. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe... Máis información
- Entrega das ‘compostelas’ en Venezuela á mocidade participante na edición 2014 de ‘Conecta con Galicia’ 10.10.2014 audio A principios deste mes, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, precedeu á entrega das ‘compostelas’ (documentos acreditativos de ter realizado o Camiño de Santiago) aos rapaces e rapazas orixinarios da República de Venezuela que participaran este ano, canda outras e outros dos demais países iberoamericanos e de Europa con... Máis información
- Miranda visita a colectividade galega en Londres con motivo da entrega das Medallas de Honra da Emigración a dous membros da diáspora 09.10.2014 audio O secretario xeral da Emigración participará, xa a fin de semana, nas celebracións da colectividade galega en Aragón, co gallo da Festa do Pilar. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, realiza hoxe e mañá unha visita a Londres para coñecer de preto a actualidade da colectividade galega asentada na capital do Reino Unido, e... Máis información
- Miranda e Amparo González reciben no Museo do Pobo Galego ás e aos participantes no programa ‘Reencontros na Terra 2014’ 07.10.2014 audio O secretario xeral da Emigración gabou o traballo realizado pola diáspora e afirmou que “a Galicia actual e moderna que estades a coñecer é consecuencia, en gran parte, dos esforzos realizados polas persoas que un día emigrastes”. 134 maiores retornan temporalmente á Galicia territorial grazas a este programa. A primeira quincena benefícianse... Máis información
- Swiss comezará a voar de forma directa entre Santiago de Compostela e Zürich dende o 2 de xullo 07.10.2014 audio A aeroliña de bandeira suíza Swiss vén de presentar os seus plans de expansión para o 2015 no aeroporto de Zürich e entre os seus obxectivos proponse ampliar a súa rede de destinos europeos que mellores a súa conectividade no devandito aeroporto suízo. O aeroporto de Santiago de Compostela inclúese no devandito plan de expansión e a aeroliña... Máis información
- Nava Castro celebra a Festa da Hispanidade en Mar del Plata agradecendo ás e aos emigrantes o esforzo realizado polo ben de Galicia 06.10.2014 audio A directora de Turismo de Galicia clausurou o acto conmemorativo da Festa da Hispanidade en Mar del Plata, organizado polo Viceconsulado Honorario de España no Centro Galego da cidade. Esta festividade ademais de celebrarse na península ibérica tamén é un día especial para numerosos países iberoamericanos. A directora de Turismo de Galicia... Máis información
- ‘Galicia, Pórtico Universal’ visita Córdoba esta fin de semana, co gallo da I Mostra Antropolóxica Galega 03.10.2014 audio A Mostra Antropolóxica, posta en marcha pola Casa de Galicia na cidade, dá repaso con numerosas actividades ao pasado e presente da nosa terra para os milleiros de cordobeses e cordobesas que se acheguen ou pasen pola céntrica estación do AVE. Ademais do secretario xeral da Emigración, na inauguración da área expositiva estiveron presentes a... Máis información
- Chegan a Galicia as cento trinta e catro persoas participantes no programa “Reencontros na Terra 2014” 03.10.2014 audio Mercé a esta iniciativa da Xunta, un total de 134 persoas maiores da diáspora retornan temporalmente á Galicia territorial. A primeira quincena benefícianse dunha estadía na Residencia do Carballiño e, despois, poden quedar coas súas familias ata un tempo máximo de tres meses. A maioría das persoas participantes proceden de Arxentina e Uruguai,... Máis información
Páxinas |









