Novas
Buscador
- Coa finalidade de axilizar a tramitación e facilitar a viaxe aos beneficiarios e beneficiarias de programas con desprazamento xeográfico, Emigración ten xa convocados os programas de investimento social para 2015 13.03.2015 audio A contía de todas estas accións xa convocadas supera os cinco millóns e medio de euros. En total, destínanse máis de tres millóns de euros en axudas das que son individualmente beneficiarios galegos e galegas do Exterior. Ningunha outra Comunidade Autónoma acada o nivel de compromiso de Galicia coa súa xente do Exterior. Preto de 10.000 familias... Máis información
- Salceda adica a Senda do Río Landres a Francisco Estévez, pai do actor Martin Sheen 12.03.2015 audio O Concello de Salceda inaugura este sábado 14 de marzo a Senda Fluvial e Parque Etnográfico do Río Landres, que levará por nome “Francisco Estévez Martínez”, pai do actor galego-americano Martin Sheen. Francisco naceu na parroquia salcedense de Parderrubias e emigrou primeiro a Cuba (1916) e despois a Dayton (Ohio), onde casou coa irlandesa Mary... Máis información
- A Xunta asiste á entrega da medalla de honor da emigración española en Nova Jersey 10.03.2015 audio A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella asistiu o domingo pola tarde á entrega da Medalla de Honor da Emigración á cidadá galega residente en Nova Jersey, María Jesús Vila. Segundo resaltou López Abella, a concesión da Medalla por parte do Ministerio de Emprego e Seguridade Social a esta cidadá ribeirense é un recoñecemento á súa... Máis información
- O XI Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos celebrarase en Bos Aires do 6 ao 8 de abril 09.03.2015 audio As persoas que o desexen poderán participar -previa inscrición e sen custo algún- como ouvintes nas sesións do Congreso. Encóntrase aberta a inscrición para participar como oíntes nas sesións do XIº Congreso Internacional de Estudos Galegos, que terá lugar entre o 6 e o 8 de abril deste ano na cidade de Bos Aires. Dada a capacidade limitada dos... Máis información
- Emigración destina cen mil euros a axudas ao autoemprego á creación de empresas por parte de persoas emigrantes retornadas 06.03.2015 audio A iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración complementa, sen excluílas, as axudas da Traballo e Benestar, e do IGAPE, para persoas autónomas e emprendedoras. Cunha contía máxima que pode chegar a 8.000 euros, puxéronse en marcha un taller de restauración, unha clínica dental, unha tenda ‘delicatessen’ física e en liña, ou un proxecto de... Máis información
- Miranda salienta en ‘Xantar’ o papel das colectividades galegas como embaixadoras da calidade gastronómica do país 04.03.2015 audio O secretario xeral da Emigración convidou a “aproveitar a nosa presenza en todo o mundo, e colaborar coas comunidades galegas do Exterior, para afondar no camiño da mestura de sabores e culturas, e polo tanto no enriquecemento mutuo”. Tamén recordou que a boa imaxe exterior de Galicia débese en boa medida ao bo facer culinario dos galegos e as... Máis información
- Ampliado o prazo de solicitude do programa Escolas Abertas 2015 03.03.2015 audio O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución pola que se amplía ata o 16 de marzo (inclusive) o prazo de solicitude do programa Escolas Abertas presenciais 2015. Este programa da Secretaría Xeral da Emigración oferta para galegas e galegos residentes no exterior 90 prazas en obradoiros de especialización nas modalidades de... Máis información
- Ampliado o prazo de solicitude do programa Conecta con Galicia 2015 02.03.2015 audio O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución pola que se amplía ata o 13 de marzo (inclusive) o prazo de solicitude do programa “Conecta con Galicia”, actividades de Aire Libre e Campos de Traballo. Este programa está dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas galegas que residan no exterior e, nesta... Máis información
- Emigración destina medio millón de euros a apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos das comunidades galegas no exterior 01.03.2015 audio O prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de marzo. Coa finalidade de atender o máximo número posible de solicitudes, a contía da subvención por proxecto non poderá superar os 30.000 ou 12.000 euros, segundo o programa ao que pretenda acollerse. Estas axudas son compatibles e complementarias coas que Emigración ten xa convocado para... Máis información
- Publicada a convocatoria de obradoiros e seminarios de Emigración en colaboración coas comunidades galegas para 2015 27.02.2015 audio Por demanda das propias entidades, consolídase a especialidade de cultura galega. Ademais desta disciplina, impartiranse nas comunidades galegas do Exterior durante este ano, coa axuda da Xunta, accións formativas en baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, artesanía, cociña galega, e artesanía (encaixe de palillos e confección de traxe... Máis información
Páxinas |






