Ampliado o prazo de solicitude do programa Escolas Abertas 2015
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2015.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución pola que se amplía ata o 16 de marzo (inclusive) o prazo de solicitude do programa Escolas Abertas presenciais 2015.
Este programa da Secretaría Xeral da Emigración oferta para galegas e galegos residentes no exterior 90 prazas en obradoiros de especialización nas modalidades de gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego.
- Máis info: nota de prensa do 4 de febreiro de 2015
Novas relacionadas




