Novas
Buscador
- Feijóo destaca e agradece o apoio das comunidades galegas no exterior á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade 29.05.2015 audio O presidente da Xunta clausurou este mediodía o encontro anual da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. Anima aos galegos e ás galegas do exterior a seguir sendo embaixadores “dunha terra orgullosa de ser o que é, e que se fai escoitar nun século complexo”. Lembra que a cidade de Compostela, o Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo... Máis información
- Miranda informou da aposta polo investimento social do seu departamento na Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas 28.05.2015 audio O secretario xeral da Emigración presidiu a primeira das xornadas de traballo do máximo órgano de representación da diáspora, encontro que clausura mañá o Presidente da Xunta. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu a primeira das xornadas da xuntanza anual da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que... Máis información
- O presidente Feijóo clausura este venres na Ribeira Sacra a reunión das e dos representantes da diáspora galega 27.05.2015 audio A Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas debate mañá e pasado os contidos do plenario, que terá lugar nos vindeiros meses. O Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil acolle mañá e pasado a reunión anual da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, máximo órgano de representación da diáspora entre plenarios do Consello... Máis información
- Feijóo recibe ao presidente da Hermandad Gallega de Venezuela e transmítelle a cercanía e a solidariedade de Galicia aos 46.000 galegos e galegas que viven nese país 26.05.2015 audio A Xunta está a destinar uns 600.000 euros anuais para atención social, sanitaria, e cultural aos galegos e galegas de Venezuela. O Goberno autonómico axuda a familias en situación de precariedade, a dependentes e a persoas enfermas graves ou permanentes a comprar medicamentos e a paliar situacións de exclusión. O presidente da Xunta de Galicia,... Máis información
- Coa nova viaxe a Venezuela e a sinatura de diversos convenios, Miranda ratifica o compromiso do goberno galego coa diáspora nese país 20.05.2015 audio A nova viaxe do secretario xeral responde á intención do Goberno galego de realizar un seguimento regular da situación no país, e nomeadamente da colectividade galega. O máximo responsable autonómico en materia de Emigración asiste ademais á toma de posesión da nova directiva da Hermandad Gallega en Caracas. O secretario xeral da Emigración,... Máis información
- O Lar Gallego de Chile entregou os premios do IV Concurso de relato breve 'Rosalía de Castro' durante a celebración do gran día da cultura galega 20.05.2015 audio Un chileno, un ferrolano e unha galega de Santa Fe leváronse os premios deste ano. Homenaxeouse a figura de Xosé F. Filgueira Valverde, o designado pola Real Academia Galega para dedicarlle a edición de 2015 do Día das Letras Galegas. O pasado sábado, 16 de maio, o Lar Gallego de Chile celebrou o Día das Letras Galegas 2015, cuxo homenaxeado... Máis información
- O Lar Gallego de Sevilla celebrou o Día das Letras Galegas e fallou o VII certame de relatos curtos "María Teresa Rodríguez" 19.05.2015 audio Ao certame, dotado con 1.000 €, concorreron máis dun milleiro de participantes de todo o mundo. Ao igual que na pasada edición, o premio vaise para a provincia da Coruña ao recaer en David Hidalgo Ariza polo seu relato 'El Naufragio de Adelaida'. Co gallo do Día das Letras Galegas, que celebra cada ano o Lar Gallego de Sevilla, resolveuse o fallo... Máis información
- O Centro Galego de Móstoles amosoulles Galicia e a nosa cultura ao alumnado do C.E.I.P. Andrés Torrejón 18.05.2015 audio Trátase dunha iniciativa que vén desenvolvendo nos últimos tres anos a entidade galega do sur de Madrid. Neste 'Día de Galicia en Móstoles' tamén se expuxeron carteis e folletos informativos sobre a nosa terra. Por terceiro ano consecutivo, o pasado 12 de maio o Centro Galego de Móstoles levou a cabo a Xornada sobre Galicia para cumprir co... Máis información
- Emigración apoia a activa participación da galeguidade na gran celebración das Federacións Autonómicas do País Vasco 16.05.2015 audio Canda a Xunta de Galicia, outros tres gobernos colaboran, e o vasco patrocina, o III Intercambio Cultural entre as organizacións que representan á diáspora en Euskadi. O subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Ramón Brigos, representa este sábado á Xunta de Galicia no III Intercambio Cultural de Federacións Autonómicas que,... Máis información
- 'A Esmorga' proxéctase fóra de Galicia, e en galego, na semana das Letras Galegas 15.05.2015 audio O filme dirixido por Ignacio Vilar está xa nas carteleiras de Madrid, Barcelona e Palma de Mallorca e proximamente chegará a máis salas do resto de España. A Esmorga, longametraxe dirixida por Ignacio Vilar baseada na obra homónima de Eduardo Blanco Amor, cumpre a súa primeira semana de proxección nas salas de cine de Madrid (Cines Renoir-... Máis información
Páxinas |








