Novas
Buscador
- As e os alumnos de 'Escolas Abertas', protagonistas do programa 'Aquí Galicia' 28.07.2017 audio O alumnado e profesorado da edición de 2017 de 'Escolas Abertas' foron protagonistas de diversos programas de radio e televisión, e insertos en prensa escrita e en liña, entre eles do programa estrela das tardes do sábado, 'Aquí Galicia', na Televisión de Galicia, dedicado o pasado sábado 22 de xullo á cidade de Ourense, onde tivo lugar, por... Máis información
- Miranda, Mouteira e Vázquez presenciaron a homenaxe das e dos participantes de ‘Escolas Abertas’ á cidade de Ourense 26.07.2017 audio Milleiros de galegas e galegos da diáspora, o 70 por cento dos cales xa naceron fóra, benefícianse deste programa de formación permanente e especializada en diversas áreas, cuxos alumnos e alumnas despois espallan e divulgan nas súas áreas de residencia habitual. As 65 persoas participantes na edición deste ano nos cursos de gaita tradicional... Máis información
- Ampla difusión nos medios ao tramo do Camiño compartido entre autoridades e participantes no 'Conecta con Galicia' 25.07.2017 audio O primeiro tramo do Camiño de Santiago pola Vía da Prata, que realizou un dos grupos de rapazas e rapaces da segunda quenda do programa 'Conecta con Galicia', obtivo un importante eco nos medios de comunicación galegos, tanto audiovisuais coma impresos e en liña. As e os participantes, que coinciden nesta actividade con mozas e mozos residentes... Máis información
- Intervención do presidente da Xunta no acto de entrega das Medallas de Galicia 2017 24.07.2017 audio As Medallas de Galicia 2017 recoñeceron a Miguel Ángel Blanco, Isabel Castelo D´Ortega, Aníbal Cavaco Silva e José Manuel Romay Beccaría. Autoridades presentes, Señoras e señores: Galicia celebra cada 25 de xullo a súa festa da unidade. É unha conmemoración que fai patente a existencia de vencellos insuperables, non soamente entre os... Máis información
- Miranda repasa a actualidade das comunidades galegas en México co presidente do Centro Galego 23.07.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente do Centro Galego de México, Florencio Gulías, con quen analizou a actualidade das comunidades galegas na décima cidade máis poboada do mundo e a primeira non asiática. “É a mexicana unha sociedade complexa e poliédrica na que as e os galegos, coma... Máis información
- Miranda visita ao alumnado participante en Escolas Abertas e ínstao a “seguir no camiño da mellora permanente da calidade” 22.07.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado de persoal do seu departamento, visitou ao alumnado e profesorado participantes na edición deste ano do programa Escolas Abertas, que se desenvolve ata fin de mes en Ourense. Trátase dun programa, convocado tódolos anos pola Secretaría Xeral da Emigración, grazas ao cal... Máis información
- As e os participantes do programa ‘Conecta con Galicia’ percorren o primeiro tramo do Camiño de Santiago en Ourense 21.07.2017 audio Estiveron acompañadas e acompañados polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Na iniciativa participarán un total de 177 mozos e mozas da Galicia exterior de entre 14 e 30 anos.... Máis información
- Miranda repasa a situación da colectividade no Brasil con Jallas e renova o respaldo da Xunta ás comunidades galegas alí asentadas 20.07.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho á presidenta da Sociedade Recreio dos Anciâos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Xaneiro, Regina Jallas, reunión que forma parte dos encontros regulares que o alto cargo autonómico mantén con esta e outras e outros representantes das institucións máis... Máis información
- Feijóo reivindica o compromiso de Galicia coa diáspora: “Os dereitos dos emigrantes son os nosos” 19.07.2017 audio Lembra que a Xunta apoia as comunidades galegas en Venezuela con máis de 1 millón de euros para loitar contra o desabastecemento de alimentos, garantir o subministro sanitario e axudar os retornados O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou esta tarde o compromiso de Galicia coa diáspora e a importancia de que este esforzo sexa... Máis información
- Miranda repasa en Cope Galicia a actualidade da Galicia exterior e dos retornados 18.07.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, repasou a actualidade da diáspora galega, así como o desenvolvemento dos programas para a mocidade e para toda a Galicia do exterior, na emisora Cadena Cope. Entrevistado pola xornalista Paula Pájaro, dou tamén repaso ás accións que desenvolve o departamento que dirixe a prol da... Máis información
Páxinas |









