Novas
Buscador
- Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela 31.12.2024 audio É fin de ano e nas universidades galegas reina o silencio. Neste Pazo de Fonseca hoxe non se escoitan nin sequera os pasos dos estudantes que están aproveitando as últimas horas antes das uvas para repasar os apuntes dos exames de xaneiro. Á volta destes días, tanto as universidades coma os centros de formación profesional, institutos e colexios... Máis información
- O Delegado da Xunta en Arxentina preside a entrega de diplomas aos graduados do Instituto Santiago Apóstolo animando aos novos graduados a manter vivos os valores da galeguidade 29.12.2024 audio Alejandro López Dobarro, delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, presidiu a cerimonia de entrega de diplomas aos estudantes da 16.ª promoción de Bacharelato do Instituto Santiago Apóstolo. O evento contou coa presenza do presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén, así como de representantes da Fundación Galicia América,... Máis información
-
Dous terzos dos concellos da nosa Comunidade contan con algunha iniciativa emprendedora liderada por galegos retornados co apoio da Xunta
28.12.2024
audio
Na última década, a liña de axudas ao retorno emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración apoiou cun investimento directo de 5,3 millóns de euros a posta en marcha de máis de 800 proxectos, ubicándose case a metade -o 48%- fóra das cidades.
A idade media dos participantes sitúase nos 41 anos, cun perfil altamente formado no que o 45% conta con...
Máis información
- Rodríguez Miranda e Javier Gastón destacan a histórica influencia da colectividade galega na Arxentina e avanzan en iniciativas de colaboración entre Galicia e Chascomús 26.12.2024 audio O secretario xeral da emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co intendente da cidade do interior da provincia de Bos Aires, Chascomús, Javier Gastón, onde abordaron a histórica influencia da colectividade galega na Arxentina, onde residen preto de 200.000 galegos, e analizaron posibles vías de colaboración entre Galicia e esta... Máis información
- “Un Nadal de Contos” da Aula GaliciaAberta achégase un ano máis aos máis pequenos con dúas historias centradas nestas festas 23.12.2024 audio Esta proposta de contacontos da Secretaría Xeral da Emigración terá dúas sesións: o venres 27 decembro e o venres 3 de xaneiro. A Secretaria Xeral da Emigración pon en marcha un ano máis o programa “Un Nadal de Contos” destinado ás e aos máis pequenos dentro da Aula GaliciaAberta. Deste xeito, nos próximos días desenvolveranse contacontos... Máis información
- A Xunta participa na entrega dos XIII ‘Premios Rebulir da Cultura Galega’ que recoñecen o labor da emigración en Cataluña 21.12.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participou hoxe no acto de entrega dos XIII Premios Rebulir da Cultura Galega, no marco da 19ª edición do Festival Internacional Rebulir. En concreto, entregou a... Máis información
- A Xunta pon en valor os máis de 800 proxectos de éxito apoiados ao abeiro do Programa Retorno Emprendedor para seguir impulsando o tecido empresarial galego 20.12.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, clausurou en Santiago nun encontro con emprendedores retornados no marco do programa Merlo. O titular de Emprego salienta as oportunidades que ofrece o talento retornado para consolidar Galicia como un referente estatal e europeo no eido do emprendemento vinculado ao territorio,... Máis información
- A Xunta amplía en case un 70% o orzamento das axudas extraordinarias ao retorno 19.12.2024 audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que recolle este incremento que permitirá atender a alta demanda do programa e beneficiar preto de 1.200 familias retornadas este ano. Trátase duns apoios que supoñen un amparo moi importante no establecemento das persoas emigrantes galegas que retornaron, axudando á súa integración na comunidade... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración únese á conmemoración da Organización das Nacións Unidas (ONU) co gallo do Día Internacional da Persoa Migrante, 18 de decembro 18.12.2024 audio A Secretaría Xeral da Emigración únese á conmemoración da Organización das Nacións Unidas (ONU) co gallo do Día Internacional da Persoa Migrante, 18 de decembro. A historia de Galicia e a historia dun pobo que viviu durante séculos intensos procesos migratorios que seguen a deixar pegada na nosa sociedade. Se o século XX foi de emigración, este... Máis información
- Galicia deixa pegada en Nova York: Miranda destaca co arquitecto galego de renome internacional no deseño de grandes proxectos museísticos, Jorge Martínez, o legado da emigración galega na arquitectura global 18.12.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co arquitecto galego Jorge Martínez, quen desenvolve o seu traballo dende a cidade de Nova York, unha urbe cunha fonda pegada galega grazas aos emigrantes que alí se asentaron. Entre outros proxectos, participou na actualización, reforma e museo do Empire State ou... Máis información
Páxinas |









