Novas
Buscador
- Rueda salienta na IX Romaría Internacional de ABANCA o papel da entidade como socio estratéxico e o valor de Galicia como terra estable, aberta e de oportunidades 26.07.2025 audio O presidente da Xunta de Galicia reivindica a Comunidade como “illa de estabilidade e terra de acollida” nun contexto de incerteza e polarización. Anima a continuar sendo exemplo de hospitalidade e convivencia, e agradece o labor dos galegos do exterior como embaixadores de Galicia. Enxalza Galicia como un territorio atractivo para o investimento... Máis información
- A Xunta celebra o Día do Emigrante no Carballiño recoñecendo o labor do Centro Galego de México polo seu labor de preservación cultural e social 24.07.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor o papel da emigración na construción da identidade galega, así como o compromiso desta entidade na preservación e proxección da cultura en terras americanas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo alcalde en funcións do Carballiño,... Máis información
- O delegado da Xunta en Bos Aires inaugura en Villa Gesell unha mostra que recolle con fondura poética o espírito de acollida do Camiño de Santiago 23.07.2025 audio O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou no Club Deportivo Español de Villa Gesell na inauguración da exposición fotográfica “Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago”, organizada pola delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires en colaboración co Club Español da cidade e diversas entidades locais. O acto contou... Máis información
- A Xunta de Galicia impulsa a través dunha exposición en Rosario unha nova homenaxe á figura de Castelao 22.07.2025 audio No marco do Ano Castelao, o delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou na inauguración da exposición dedicada á figura do intelectual galego no Complexo Cultural Parque España de Rosario. O acto contou coa presenza da directora do Complexo, Fernanda González Cortiñas, así como do presidente do Centro Galego de... Máis información
- A Xunta acompaña á mocidade galega do exterior no arranque da nova edición da experiencia ‘Conecta con Galicia no Camiño’ 21.07.2025 audio O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, iniciou a xornada cos participantes hospedados na Residencia Florentino López Cuevillas, compartindo os primeiros pasos da Vía da Prata. Máis tarde, trasladouse a Chapela para unirse ao grupo aloxado en Vigo no comezo do Camiño Portugués... Máis información
- A Xunta potenciará a próxima semana en Chile e Arxentina as estratexias de retorno e os lazos coa comunidade galega no exterior 20.07.2025 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitará Santiago de Chile o vindeiro 26 de xullo, onde asistirá á ofrenda ao Apóstolo Santiago que se celebrará no Lar Gallego da capital chilena. A axenda continuará o 27 e o 28 de xullo en Bos Aires con distintas visitas e xuntanzas para amosar e trasladar o apoio do Goberno... Máis información
- Miranda: “´Conecta con Galicia no Camiño´ é unha oportunidade única para que a mocidade galega do exterior descubra Galicia e as súas raíces a través dunha experiencia vital como o Camiño de Santiago” 19.07.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibe xunto á directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, aos galegos do exterior participantes no Programa "Conecta con Galicia no Camiño" que chega a súa 35 edición e máis de 3.500 participantes. Realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, permitirá que mozos... Máis información
-
A Xunta destaca a colaboración público-privada como clave para fortalecer un ecosistema emprendedor que reteña talento e atraia novas iniciativas a Galicia
18.07.2025
audio
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou na Coruña na apertura institucional do acto polo 25 aniversario da Fundación Ronsel.
José González destacou o labor da entidade en eidos como a formación, a mentoría e o acompañamento a proxectos emprendedores, especialmente no apoio ás persoas que deciden desenvolver ou consolidar...
Máis información
- Rueda anuncia que Galicia formará a médicos de Uruguai para implantar o primeiro programa de transplante de pulmón no país latinoamericano 17.07.2025 audio O presidente da Xunta asina un convenio de colaboración coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo. Pasarán estadías no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para recibir formación técnica e científica sobre este tipo de cirurxías. O Chuac é un referente a nivel nacional en transplantes e leva realizados preto dun... Máis información
- Miranda: “A cultura galega sobrevive en calquer lugar do mundo grazas ao compromiso dos centros galegos do exterior” 16.07.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participa xunto o alcalde de Ribadavia, César Fernández, a concelleira de Cultura, Yolanda Gómez Gómez, e a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Ourense, Marta Vázquez Guzmán, no acto de clausura do Programa Escolas Abertas. Este evento contou coa... Máis información
Páxinas |









