Novas
Buscador
- Feijóo dá a benvida ás e aos participantes do programa ‘Reencontros na Terra’, transmisores da galeguidade aberta, non excluínte e xenerosa 05.10.2016 audio Afirma que Galicia é hoxe unha Galicia mellor grazas ao esforzo e ao traballo de todas as galegas e os galegos. O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, deu hoxe a benvida aos 127 galegos e galegas residentes no exterior que participan no programa ‘Reencontros na Terra’, transmisores e transmisoras, aseverou, da galeguidade... Máis información
- Chegan a Galicia as 127 persoas participantes no programa “Reencontros na Terra 2016” 04.10.2016 audio Mercé a esta iniciativa da Xunta, un total de 127 maiores da diáspora retornan temporalmente á Galicia territorial. A primeira quincena benefícianse dunha estadía na Residencia do Carballiño e, despois, poden quedar coas súas familias ata un tempo máximo de tres meses. A maioría das persoas participantes proceden de Arxentina e Uruguai, países... Máis información
- O Lar Galego de Pamplona organizou un obradoiro de canto, baile e pandeireta 21.09.2016 audio Do martes 30 de agosto ao 13 de setembro, o Lar Galego de Pamplona organizou na súa sede na capital de Navarra, e da man do profesor Emilio Regueira Castañón, un obradoiro de canto, baile e pandeireta galegas. Máis información
- O alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol visita Galicia en viaxe de estudos 19.09.2016 audio Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, recibiron hoxe o alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol que se atopa estes días na nosa terra de viaxe de estudos. Na xuntanza, celebrada esta tarde, participou tamén a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de... Máis información
- Emigrados de Riortorto renova a súa directiva no seu 101º aniversario 18.09.2016 audio Con motivo do 101º aniversario da fundación da sociedade ‘Emigrados de Riotorto’, con sede na Habana, esta entidade pertencente á Federación de Sociedades Galegas de Cuba renovou a súa directiva. Na imaxe, de esquerda a dereita: Celestino Raúl García Álvarez, presidente; María de los Ángeles Cabrera Martínez, secretaria social; Arelis Amor,... Máis información
- O presidente da Xunta e o presidente en funcións do Goberno visitan a zona do accidente ferroviario 09.09.2016 audio O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou xunto ao presidente en funcións do Goberno de España, Mariano Rajoy, a zona na que tivo lugar esta mañá o accidente ferroviario do Porriño. Máis información
- A Xunta traslada as súas condolencias ás familias dos falecidos e aos feridos no accidente de tren do Porriño 09.09.2016 audio O Goberno galego anula a súa axenda pública no día de hoxe. A Xunta de Galicia traslada as súas condolencias ás familias dos falecidos e aos feridos no accidente de tren ocorrido esta mañá no Porriño (Pontevedra). Na zona, a onde se desprazou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, seguen a traballar neste momento os servizos de emerxencias e... Máis información
- Resolución da Junta Electoral Central ampliando o prazo de depósito do voto en urna e de recepción do voto por correo nos Consulados e nas Oficinas consulares 07.09.2016 audio A Junta Electoral Central vén de dictar unha resolución pola que amplía o prazo de depósito do voto en urna das e dos electores inscritos no CERA así como de recepción de votos por correo nos Consulados e Oficinas consulares habilitadas ao sábado 24 e o domingo 25 de setembro ata as 20,00 h. (horario peninsular). Picar aquí para descargar a... Máis información
- Vídeo institucional da Xunta de Galicia dirixido ás e aos residentes permanentes no exterior 03.09.2016 audio Vídeo informativo da Xunta de Galicia para o voto das e dos residentes no exterior nas Eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o 25 de setembro de 2016. Máis información
- Ampliado ata o 30 de setembro o prazo de solicitudes para axudas de autoemprego e creación de empresas por parte de persoas emigrantes retornadas, e ata o 31 de outubro o de presentación de documentación xustificativa 30.08.2016 audio A iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración complementa, sen excluílas, as axudas doutros departamentos autonómicos, e doutras administracións, para autónomos e autónomas e persoas emprendedoras. O obxectivo é aproveitar os coñecementos e experiencia dos galegos e as galegas no Exterior, e tamén facilitar o seu retorno á terra natal. ... Máis información
Páxinas |






