Novas
Buscador
- Miranda promove en Venezuela as liñas que desenvolve a Xunta para o fomento do retorno 02.03.2017 audio Dadas as especiais circunstancias polas que atravesa o país, o secretario xeral da Emigración involúcrase persoalmente na difusión e promoción das iniciativas de axuda ao regreso á terra. Entre elas, adiantou os eixos fundamentais das ‘Becas Excelencia Mocidade Exterior’, coas que se busca captar o talento da xuventude na diáspora. Tamén en... Máis información
- Miranda transmitirá aos galegos e galegas de Venezuela o compromiso da Xunta por reforzar a asistencia ás e aos paisanos con maiores dificultades 01.03.2017 audio O secretario xeral da Emigración presentará asemade en Valencia e Caracas as axudas ao retorno emprendedor, e tamén un adianto das novas bolsas para promover o retorno das e dos universitarios galegos da diáspora. Antonio Rodríguez Miranda inicia mañá a súa primeira viaxe institucional do ano a Venezuela, destino en máis dunha ducia de ocasións... Máis información
- O Centro Galego de Lleida concluíu a Semana Cultural do seu 40º aniversario 28.02.2017 audio Ao longo de seis xornadas da pasada semana, a entidade galega na cidade do Segre -que neste 2017 celebra o seu 40º aniversario- desenvolveu un programa de actividades que rematou o domingo coa celebración da súa Asemblea Xeral ordinaria e un Xantar de Irmandade. Do luns 20 ao domingo 26 de febreiro o Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia)... Máis información
- Macri e Feijóo avogan por aproveitar a nova etapa de modernización iniciada por Arxentina para fortalecer a relación de cooperación con Galicia 25.02.2017 audio O presidente da Xunta mantivo hoxe en Madrid unha audiencia co presidente de Arxentina, que estes días realiza a súa primeira visita de Estado a España. O titular do Goberno galego expón a disposición da Comunidade para axudar ao país nesta andaina e incide nas posibilidades que se abren para o empresariado galego e para o empresariado arxentino... Máis información
- Feijóo avalía os 100 días de goberno coa mirada posta nunha Galicia máis estable e máis social 24.02.2017 audio O presidente da Xunta abriu esta mañá o encontro de traballo con motivo dos 100 días do actual Goberno galego. “Foron cen días de inconformismo, para avanzar vellos proxectos e para abrir novos camiños”, di, incidindo en que este é un balance que se conxuga en futuro. Avoga por un Goberno útil para os cidadáns e as cidadás e cun proxecto de país... Máis información
- Novas doazóns que incrementan o patrimonio do MEGA 23.02.2017 audio Nas últimas semanas do ano pasado e durante as primeiras do presente, o Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA) recibiu unha serie de doazóns de distintas persoas integrantes da colectividade, que permiten acrecentar o patrimonio documental da institución. Tratouse de diferentes documentos, fotografías, indumentaria, mobles,... Máis información
- Miranda, canda Villanueva, Ónega e Santín, asiste á presentación de «Gallegos en la Real Academia Española», obra de Luis Miguel Aparisi 22.02.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á presentación do libro Gallegos en la Real Academia Española, na sede desa mesma institución, acto no que tamén estiveron presentes o presidente da RAE, Darío Villanueva, o fundador da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, Enrique Santín, o director da Casa de Galicia en... Máis información
- Dispoñibles xa as axudas de ata 8.000 euros para a creación de empresas por parte de galegos e galegas do exterior que retornan ao territorio 20.02.2017 audio O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as bases reguladoras para a concesión de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega por parte de persoas galegas retornadas, que xa deron pulo ata o de agora a medio centenar de iniciativas. Esta iniciativa complementa, sen excluílas, as axudas para... Máis información
- O Goberno da Xunta apoia e apoiou, desde o primeiro momento, ás e aos retornados que non están percibindo a súa pensión de Venezuela 17.02.2017 audio Política Social adaptou a convocatoria de axudas de maneira que este colectivo puidese acollerse ás axudas de emerxencia social. O secretario xeral da Emigración tamén lembrou no Parlamento que o investimento en axudas extraordinarias a retornados e retornadas desde Venezuela foi case triplicado no último exercicio orzamentario. O secretario... Máis información
- A Xunta intensificará a súa colaboración coas entidades galegas presentes en Venezuela se aumentan as necesidades 17.02.2017 audio Miranda recibiu hoxe, venres 17, en audiencia ao presidente e ao secretario da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, unha das colectividades máis numerosas da diáspora galega en todo o mundo. Á marxe das axudas xerais para a Galicia do Exterior, Emigración desenvolve medidas específicas para axudar a paliar as situacións máis delicadas... Máis información
Páxinas |








