Novas
Buscador
- A colaboración da Xunta coas entidades da diáspora garante a asistencia aos galegos e galegas de Río de Xaneiro 26.03.2017 audio O conselleiro de Política Social e o secretario xeral da Emigración visitaron as instalacións do Hospital Español, a Casa de España e o ‘Recreio dos Anciâos’, onde se atende ás e aos paisanos en situación social, económica, sanitaria ou familiar máis precaria. Rey Varela e Rodríguez Miranda asistiron hoxe á inauguración da ‘Praza Compostela’,... Máis información
- Rey Varela e Rodríguez Miranda reforzan en Brasil as accións de apoio social á comunidade galega residente no país 25.03.2017 audio Conselleiro e secretario xeral visitan as comunidades galegas asentadas na cidade de Río de Xaneiro, e asinan dous acordos de colaboración en beneficio dos galegos e galegas con necesidades socio asistenciais. O conselleiro de Política Social e o secretario xeral da Emigración, José Manuel Rey Varela e Antonio Rodríguez Miranda respectivamente,... Máis información
- As familias galegas residentes no exterior poden optar desde hoxe ás axudas sociais individuais, ás que Emigración destina 2’1 millóns 24.03.2017 audio Esta acción social da Secretaría Xeral supón en torno á terceira parte do orzamento efectivo para o presente ano. A axuda, de pago único cada ano, resulta fundamental en moitos casos para o mantemento das condicións de vida dos galegos e as galegas da diáspora. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe a convocatoria das... Máis información
- MENSAXE DE CONDOLENCIA POLO ATENTADO DE LONDRES 23.03.2017 audio Nun novo día de loito internacional provocado pola barbarie gratuíta e arrepiante, a Galeguidade universal expresa o seu total rexeitamento a calquera tipo de violencia, e a súa fonda solidariedade coas vítimas do atentado no centro de Londres, cidade na que se asenta unha importante colectividade de galegas e galegos, golpeada directamente nesta... Máis información
- Palmiotti e Miranda reúnense para reforzar as relacións entre Galicia e Bos Aires 22.03.2017 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao Valedor adxunto do Pobo e Defensor do Turista e o Estranxeiro da Cidade Autónoma de Bos Aires, José Palmiotti, quen veu acompañado de dous altos funcionarios do seu departamento. Con este encontro, Palmiotti afonda no camiño da mutua colaboración e frutífero... Máis información
- O Centro Galego de Valencia participou en diversos actos dentro das actividades das Fallas 2017 21.03.2017 audio Na Ofrenda á Virxe dos Desamparados tamén participaron as outras dúas entidades galegas do Levante: o Centro Galego de Alacant e o de Castelló. O martes 9 de marzo, como membro da Federación Valenciana de Casas Rexionais de España, varias e varios directivos e a Raíña do Centro Galego, Alba Rodríguez, quen estreaba cargo, participaron na Mascletà... Máis información
- A Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos Aires dá comezo ás súas Escolas Artísticas 20.03.2017 audio Ao longo do presente mes de marzo e dos vindeiros de abril e maio, a Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos Aires dará comezo ás actividades das Escolas Artísticas para o ano 2017 na súa sede (na rúa Moreno, 3281) da capital arxentina. Están programadas activididades de baile folflórico galego en niveis infantil, principiante e... Máis información
- “Agora que corren tempos de incertezas”, afirma Miranda ante as e os galegos en Suíza, “Europa enteira óllavos con respecto e admiración” 18.03.2017 audio O secretario xeral da Emigración gaba a plena integración das comunidades galegas no país durante a celebración do aniversario de ‘As Xeitosiñas’. O alto cargo da Xunta reuniuse previamente coas entidades da zona de Xenebra, ás que explicou as liñas de traballo para este ano. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, preside... Máis información
- Baixa o número de emigrantes galegas e galegos residentes no exterior 15.03.2017 audio Segue a aumentar en 2016, en cambio, o número de cidadás e cidadáns galegos xa nados no Exterior. As e os cidadáns que xa residían fóra e adquiriron a nacionalidade, e os fillos e fillas de persoas galegas da diáspora, configuran as novas incorporacións ao PERE. O número de galegas e galegos nados en Galicia e residentes no Exterior (emigrantes)... Máis información
- Emigración convoca as axudas extraordinarias para familias retornadas en situación de maior dificultade 15.03.2017 audio Esta é unha das tres liñas de fomento do regreso á terra deste departamento, impulsado este ano con 850.000 euros. En febreiro convocáronse as ‘Axudas ao Retorno Emprendedor’ e en breve sairán publicadas as ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución pola que se aproban as bases reguladoras para... Máis información
Páxinas |






