Novas
Buscador
- Santalices estreita relacións institucionais con diferentes entidades do Uruguai, como o alcalde de Punta del Este, fillo de galegos 15.12.2023 audio Trasladou unha mensaxe de afecto e recoñecemento ás e aos residentes no Hogar Español de Ancianos de Montevideo “logo dunha vida de traballo na que contribuíron ao engrandecemento do país de adopción e consolidaron a imaxe dos galegos como un pobo nobre e traballador”. O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, visitou... Máis información
- Un evento cinematográfico único: Primeiro ciclo de cinema galego "Galicia é cine" 14.12.2023 audio O ciclo "Galicia é cine" é un proxecto audiovisual da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Trátase dun ciclo de cinema con cinco longametraxes (películas e documentais) producidos e realizados en Galicia que se proxectaron en Londres, Caracas, Río Gallegos e Córdoba (Arxentina). Os días 29 e... Máis información
- O presidente do Parlamento de Galicia visita o Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires 14.12.2023 audio O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, visitou este mércores o Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, inaugurado en 1998 para impartir ensinanzas oficiais desde a óptica da biculturalidade galego-arxentina. Santalices Vieira agradeceu o esforzo educativo que desenvolve o centro, “un dos piares... Máis información
- Miranda agradece á Federación de Sociedades Gallegas en Cuba a súa implicación para facer posible o desenvolvemento dos programas da Xunta en prol dos galegos e galegas na illa 13.12.2023 audio Miranda reuniuse co presidente da Federación, Sergio Toledo, a quen pediu que trasladase a felicitación ao seu equipo da Oficina de Atención Social e a todas e todos os coordinadores na illa que fan posible as xestións das axudas económicas individuais a máis de 5.000 familias galegas. Miranda e Toledo tiveron ocasión de visitar as cubertas do... Máis información
- Bos Aires acolle unha exposición sobre a historia do Parlamento de Galicia 13.12.2023 audio A mostra foi inaugurada polo presidente do Parlamento nas dependencias do Centro Galicia da cidade que desde antano é considerada a “quinta provincia galega". “A historia de Galicia non pode nin debe entenderse sen a emigración, sen a contribución da Galicia de ultramar ao proceso de construción da autonomía galega", afirma Santalices. A autonomía... Máis información
- Miranda reafirma o compromiso da Xunta coa diáspora galega e fai balance do intenso ano de traballo na reunión coas e cos presidentes das entidades en Cuba 12.12.2023 audio Unha reunión clave para fortalecer os mecanismos de traballo conxunto para seguir a ofrecer apoio aos galegos e galegas en Cuba a través dos diversos programas e axudas da Xunta de Galicia. Miranda aproveitou o encontro para transmitir felicitacións de Nadal a todas e todos os presidentes das entidades galegas en Cuba. O secretario xeral da... Máis información
- Unha exposición sobre a historia do Parlamento de Galicia abrirá as súas portas esta semana en Bos Aires e Montevideo 12.12.2023 audio A mostra, titulada “El poder de la palabra. Un recorrido por la historia del Parlamento de Galicia" dá continuidade á que se organizou para conmemorar o 40 aniversario da Cámara, comisariada por Ramón Villares. Será inaugurada o martes 12 de decembro en Buenos Aires e o venres 15 en Montevideo coa participación do presidente do Parlamento de... Máis información
- Miranda destaca o esforzo que realiza a Asociación Monterroso e Antas de Ulla, Sociedade de Recreo, Cultural e de Beneficiencia para manter viva a herdanza cultural galega en Cuba 11.12.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse coa presidenta da Asociación Monterroso e Antas de Ulla, Sociedade de Recreo, Cultural e de Beneficencia, María Teresa Arnalich, e co vicepresidente, Alain Freyre Arnalich, destacando o esforzo que realizan para manter viva a herdanza cultural galega en Cuba. Esta reunión... Máis información
- Miranda destaca o papel crucial da Agrupación Artística Gallega na difusión da nosa cultura en Cuba 10.12.2023 audio O Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia sostivo unha reunión con Julio Ramón Santamaría López, responsable da Agrupación Artística Galega onde expresou o seu compromiso firme coa difusión da rica herdanza cultural de Galicia e recoñeceu o papel vital que desempeña a Agrupación Artística Galega neste sentido. As conversas abrangueron... Máis información
- Miranda analiza coa Sociedade de Beneficiencia de Naturais de Galicia a situación dos galegos en Cuba 09.12.2023 audio O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo na súa visita a Cuba unha reunión con responsables da Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galicia na que profundaron nas necesidades da comunidade galega na Illa, abordando temas clave como o apoio sociocultural e a promoción da identidade galega. Durante o encontro,... Máis información
Páxinas |









