Miranda analiza coa Sociedade de Beneficiencia de Naturais de Galicia a situación dos galegos en Cuba

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo na súa visita a Cuba unha reunión con responsables da Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galicia na que profundaron nas necesidades da comunidade galega na Illa, abordando temas clave como o apoio sociocultural e a promoción da identidade galega.

Durante o encontro, destacouse o papel vital que xoga a Sociedade de Beneficencia na preservación e difusión da cultura galega en Cuba. O Secretario Xeral expresou o seu recoñecemento e agradecemento á Sociedade pola súa incansable labor e reiterou o compromiso da Xunta de Galicia en continuar apoiando estas iniciativas.

  • Miranda analiza coa Sociedade de Beneficiencia de Naturais de Galicia a situación dos galegos en Cuba
    Miranda analiza coa Sociedade de Beneficiencia de Naturais de Galicia a situación dos galegos en Cuba
  • Miranda analiza coa Sociedade de Beneficiencia de Naturais de Galicia a situación dos galegos en Cuba
    Miranda analiza coa Sociedade de Beneficiencia de Naturais de Galicia a situación dos galegos en Cuba
Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 9 de decembro de 2023.

Dende o seu inicio a Sociedade foi un faro de filantropía e orgullo para os galegos de ultramar. O seu lema, “Por Galicia e para Galicia”, guiou incansablemente os seus esforzos durante máis dun século, reflectindo a paixón e o tesón dos seus fundadores e membros. Esta visita foi unha oportunidade para recoñecer a labor histórica da sociedade, que dende as súas primeiras reunións ata o presente manteu inalterables os seus ideais benéficos, servindo de modelo de compromiso e entrega á comunidade galega en Cuba.

A Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galicia, recoñecida polo seu prestixio e beneficios sociais dende a súa fundación, xogou un papel crucial na asistencia e o socorro aos seus membros, así como na promoción da acción social e cultural galega. A súa contribución ao Centro Galego da Habana é un testemuño da súa influencia e dedicación ao movemento patriótico galego na Illa.

Este encontro reforza a ligazón entre a Secretaría e unha das asociacións galegas máis antigas de América, reafirmando o compromiso coa protección, apoio e promoción da identidade e cultura galegas no exterior.

129 lecturas