Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
07Novembro2022Comeza o programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración coa chegada a Galicia dos case 140 galegas e galegos do exterior que coñecerán o Camiño de Santiago audio Esta iniciativa, na que participan galegas e galegos de máis de 65 anos vinculados a entidades do exterior, ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. As e os participantes realizarán pequenos tramos dos últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata en diferentes etapas, dada a elevada idade dalgunha e dalgún dos participantes. As e os case 140 participantes do programa Reencontros co Xacobeo da... Máis información
-
07Novembro2022Miranda saúda aos galegos e galegas de Valparaíso durante os actos de aniversario do Lar Gallego de Chile audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, saudou ás e aos representantes do Centro Gallego de Valparaíso, durante os actos celebrados polo 55º aniversario do Lar Gallego de Chile. Neste acto, o secretario xeral mantivo un encontro co presidente desta entidade, Sergio Pinto, a quen agradeceu que continúen traballando dende este centro galego do exterior a prol da colectividade galega e da promoción da nosa cultura e... Máis información
-
06Novembro2022Miranda felicita ao Lar Gallego de Chile por levar 55 anos construíndo galeguidade no país andino audio O secretario xeral da Emigración asistiu ás actividades organizadas polo aniversario do centro chileno. Aproveitou para recordar que os galegos e galegas de Chile con título universitario xa poden ir preparando a documentación para a próxima convocatoria das bolsas de Excelencia Académica BEME que ofrecen 250 prazas de máster nas tres universidades galegas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu aos actos... Máis información
-
06Novembro2022O gaiteiro Anxo Lorenzo ofrece, da man da Secretaría Xeral da Emigración, unha masterclass e un concerto no 55 aniversario do Lar Gallego de Chile audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu aos actos do 55 aniversario do Lar Gallego de Chile, durante o que as e os diferentes membros de todas as entidades galegas do país, puideron gozar dun concerto de música galega da man do gaiteiro Anxo Lorenzo. O artista, ademais, tamén ofreceu unha masterclass ás persoas interesadas no mundo da gaita e da música galegas na que participaron numerosas e numerosos membros das... Máis información
-
05Novembro2022Miranda coordina co presidente de Fagama as actividades de promoción da galeguidade previstas para os próximos meses audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co presidente de Fagama (Federación de Asociación Galegas en Madrid), Horacio Rico, co obxectivo de coordinar as actividades que está a preparar a entidade para os próximos meses de cara a continuar a promocionar a galeguidade na capital de España. Durante a reunión, o responsable do departamento autonómico confirmou o interese da Secretaría Xeral en colaborar... Máis información
-
03Novembro2022Miranda asiste á inauguración na Casa de Galicia en Madrid da exposición ‘Morriña de Estrelas’, de Lola Doporto audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á inauguración da exposición Morriña de Estrelas, da pintora de Valdeorras Lola Doporto, na Casa de Galicia en Madrid. A mostra, que se poderá contemplar ata o próximo 30 de novembro, está composta por diversos lenzos nos que se representan figuras e composicións inspiradas no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Rodríguez Miranda e Lola Doporto foron... Máis información
-
02Novembro2022O secretario xeral da Emigración recorda no programa “Bos días” da TVG que a Secretaría Xeral da Emigración conta cun servizo específico para que os galegos e galegas do exterior poidan documentar as súas orixes audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acudiu ao programa Bos días da TVG para analizar a nova Lei de Memoria Democrática a través da que os galegos e galegas do exterior sen nacionalidade poderán optar a ela, sempre e cando cumpran os requisitos contidos na nova normativa. Durante a entrevista, o secretario xeral recordou que o departamento que dirixe conta cun servizo específico para que as e os galegos do exterior... Máis información
-
01Novembro2022A Xunta apoia este ano co programa Emega de emprendemento feminino a creación de 241 negocios e o emprego de 619 mulleres cun investimento de 4,4 M€ audio A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica no DOG a resolución para 2022 desta iniciativa a través da que se conceden 346 axudas, un 47,9% máis que na anterior edición. O orzamento é o maior da historia deste programa co que se prioriza para a concesión dos apoios ás mulleres vítimas da violencia de xénero, paradas de longa duración, maiores de 45 anos, menores de 30 ou persoas con discapacidade. Desde 2009 a Xunta leva destinados... Máis información
-
30Outubro2022O Ciclo Mestre Mateo achegou neste mes de outubro a película “Malencolía” aos galegos e galegas do exterior audio O Ciclo Mestre Mateo achegou este mes de outubro aos centros galegos do exterior a película “Malencolía”. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, ten como obxectivo achegar ás e aos galegos do exterior os documentais e filmes premiados na última edición dos premios do cine de Galicia. O filme proxectouse ao longo deste mes de... Máis información
-
29Outubro2022Chegan a Santiago as e os galegos do exterior que realizaron o programa Conecta co Xacobeo organizado pola Secretaría Xeral da Emigración audio Foron recibidas e recibidos na praza de Mazarelos polo secretario xeral deste departamento, Antonio Rodríguez Miranda, quen os acompañou nos últimos metros ata chegar ao Obradoiro. Esta iniciativa, na que participan cerca de 200 galegas e galegos procedentes de países americanos, europeos e das comunidades autónomas, comezou o pasado domingo, realizando os últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata en diferentes etapas. As e... Máis información
Páxinas |