A Xunta incide na importancia da unidade das galegas e os galegos na diáspora para fortalecer as entidades galegas no exterior

Alfonso Rueda e Antonio Rodriguez Miranda participaron onte nos actos de celebración do 75 aniversario da Casa de Galicia.

A Casa de Galicia de Nova York está aberta dende o ano 1940 e foi fundada por un grupo de emigrantes galegos animados por Castelao.

  • Alfonso Rueda (segundo pola esquerda), acompañado de Antonio Rodríguez Miranda (no centro), participaron onte nos actos de celebración do 75 aniversario da Casa de Galicia en Nova York
    Alfonso Rueda (segundo pola esquerda), acompañado de Antonio Rodríguez Miranda (no centro), participaron onte nos actos de celebración do 75 aniversario da Casa de Galicia en Nova York
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron onte nos actos de celebración do 75 aniversario da Casa de Galicia en Nova York
    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron onte nos actos de celebración do 75 aniversario da Casa de Galicia en Nova York

Listen to this page using ReadSpeaker
Nova York (EE.UU.), 27 de setembro de 2015.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron onte nos actos de celebración do 75 aniversario da Casa de Galicia en Nova York, onde Rueda incidiu na necesaria unidade dos galegos na diáspora para fortalecer as entidades galegas no exterior, e dotalas de maior solvencia e garantía de futuro para todos os galegos e galegas que viven fóra da nosa comunidade.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, solicitou a colaboración de tódolos galegos e galegas para que actúen como embaixadores da Galicia territorial ante o forte e dinámico tecido empresarial neoiorquino, e insistiu en que a chama da galeguidade permaneza viva alí onde prendeu, na principal cidade do mundo.

A Casa de Galicia de Nova York dedícase a manter e promover a cultura, folclore e tradicións galegas. Constitúese coma un eixe de referencia onde se agrupan os galegos e galegas que viven nesta cidade, estreitando relacións con outras organizacións españolas e apoiando a vinculación e integración dos seus socios e socias na sociedade norteamericana para que poidan acadar así un maior progreso social, cultural e económico.

A entidade considerada coma epicentro da diáspora galega na ’capital do mundo’, foi fundada no ano 1940 por un grupo de emigrantes galegos animados por Castelao (quen ata semanas antes residira na megalópole). Como asociación, foi promotora fundamental para a creación dunha cátedra de estudos galegos na Universidade de Nova York.

A pegada das actividades da Casa de Galicia, canda a crecente influenza das comunidades galegas tanto en Nova York como en Newark e toda Nova Jersey, ten o seu reflexo na actualidade, pois a diáspora galega está presente, e a un nivel relevante, en todo tipo de actividades e celebracións onde teñen representación as múltiples culturas presentes na metrópole neoiorquina.

1190 lecturas