A Xunta de Galicia incrementa en máis de 1 millón de euros as axudas extraordinarias a emigrantes retornados e retornadas

O secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta na Coruña, durante unha visita á Oficina do Retorno da Coruña
O secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta na Coruña, durante unha visita á Oficina do Retorno da Coruña
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe no DOG unha significativa ampliación no orzamento destinado ás axudas extraordinarias para emigrantes galegas e galegos retornados.

Diante do elevado número de solicitudes, a entidade incrementou os fondos en 1.020.000 euros, alcanzando un total de 2.720.000 euros.

Este aumento ten como obxectivo garantir o apoio adecuado a todas e todos os emigrantes galegos retornados que o precisen. A medida entra en vigor de inmediato tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen modificar os prazos nin condicións orixinais da convocatoria.

374 lecturas