A Xunta destaca a vontade de Galicia e Arxentina de proxectar cara ao futuro o seu sentimento de pertenza mutua

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodriguez Miranda, participaron na celebración do “Bos Aires Celebra Galicia” que congregou á colectividade galega na Avenida de Maio. 

Asistiron tamén ao acto de  entrega de Compostelas ás e aos participantes do programa “Conecta con Galicia 2015”. 

  • Autoridades galegas, españolas e arxentinas tamén participaron desta gran festa da cultura galega
    Autoridades galegas, españolas e arxentinas tamén participaron desta gran festa da cultura galega
  • A Avda. de Mayo da Capital Federal arxentina, ateigada de xente
    A Avda. de Mayo da Capital Federal arxentina, ateigada de xente
  • O vicepresidente da Xunta de Galicia, durante a súa alocución
    O vicepresidente da Xunta de Galicia, durante a súa alocución
  • Imaxe diante do stand do Galicia Pórtico Universal que se celebrou estes venres e sábado na Praza de Mayo
    Imaxe diante do stand do Galicia Pórtico Universal que se celebrou estes venres e sábado na Praza de Mayo
  • Os mozos e mozas do programa Conecta con Galicia 2015 recolleron as súas 'compostelas'
    Os mozos e mozas do programa Conecta con Galicia 2015 recolleron as súas 'compostelas'
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 10 de outubro de 2015.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou hoxe, no marco dos actos da celebración do “Bos Aires Celebra Galicia”, a vontade de Galicia e Arxentina de proxectar cara ao futuro o seu sentimento de pertenza mutua.

Alfonso Rueda, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, estiveron hoxe participando nos actos da celebración do “Bos Aires Celebra Galicia”, que como en anos anteriores congregou á colectividade galega ao longo da Avenida de Maio bonaerense. 

O titular da Vicepresidencia agradeceu ás comunidades galegas que fan posible este día a súa participación e colaboración, e que hoxe, por segundo ano consecutivo, a gran Avenida de Maio bonaerense cóbrese de cor azul e branca, como a nosa bandeira, cultura, tradición, sabor e música galega, e tal como destacou o vicepresidente é  celebrar Galicia no centro de Bos Aires como merece Galicia.

Rueda agradeceu ao Goberno de Bos Aires, que lanzou esta iniciativa para as comunidades de outros países que residen aquí teñen a oportunidade de render homenaxe á súa terra natal, sendo  a comunidade galega unha das máis enraizadas, activas e unida, xa que o grupo de inmigrantes e descendentes de emigrantes galegas e galegos que, inda que están lonxe  senten Galicia máis preto que nunca. 

Segundo relatou Alfonso Rueda, somos un pobo que sempre mirou para a fronte para o mundo da universalidade e foi a emigración quen borrou as nosas fronteiras e nos deu unha quinta provincia deste lado do océano.

No marco da celebración Buenos Aires Celebra Galicia foron entregadas as medallas ás e aos participantes no programa  “Conecta con Galicia 2015”, onde Alfonso Rueda agradeceu aos mozos e mozas descendentes de emigrantes galegos e galegas o seu interese por seguir mantendo vivo o amor e o respecto por Galicia. O programa da Xunta “Conecta con Galicia”, contou con esta edición con 174 xoves de países como Arxentina, Uruguai, Venezuela, Brasil, Cuba e Perú, todos descendentes de galegas e galegos.

2276 lecturas