Vueling conectará Santiago de Compostela con Berlín, Dusseldorf e Múnic en voo directo en 2015
Novas rutas directas a Berlín, Dusseldorf e Múnic desde xuño.
Horarios máis competitivos nas súas rutas desde o aeroporto da capital galega.
Continúan os seus plans de expansión no aeroporto compostelano con máis conexións directas.
A aerolínea catalá Vueling afirmaba o pasado verán o compromiso “de Vueling para seguir crecendo en Santiago” e así se demostra hoxe co lanzamento de tres novas rutas internacionais directas desde o aeroporto compostelano de Lavacolla.
Será a partir do mes do próximo mes de Xuño cando a aerolínea catalá abra tres novas conexións directas con Alemaña, o principal mercado emisor de Santiago de Compostela. Á súa lista de destinos sumaranse voos a Berlín, Dusseldorf e Múnic. No caso da ruta con Berlín será un voo semanal todos os domingos. A conexión a Dusseldorf contará con voos todos os mércores e sábados e no caso de Múnic serán tamén dous voos semanales todos os luns e xoves.
Estas tres rutas comezarán o próximo mes de Xuño coincidindo con plena tempada alta sendo a primeira en despegar a ruta a Múnic o día 25, seguiralle Dusseldorf o día 27 e un día máis tarde fará o propio a ruta a Berlín. Tres conexións directas moi demandadas e que supoñerán un impulso importante ao sector turístico da cidade e de toda a comunidade. Estas tres rutas atópanse xa á venda na web da compañía aérea así como en axencias de viaxes e canles habituais de distribución desde 39 € por traxecto.
Serán operadas por un Airbus A320 con capacidade para 180 pasaxeiros e pasaxeiras que pernoctará no aeroporto de Santiago de Compostela abrindo así unha nova base de operacións que permitirá ofrecer voos a primeira hora do día por exemplo a Dusseldorf ás 7,00 h. ou a Berlín ás 7,15 h. facilitando as viaxes de negocios. Do mesmo xeito, a compañía aérea Vueling utilizará devandito Airbus A320 para operar outras rutas que actualmente víñanse operando con aeronaves doutras bases de operacións da aerolínea tales como Ámsterdam, Bruxelas, Málaga, París ou Roma. Ademais de supoñer un paso en firme por parte da compañía aérea na súa aposta por Santiago de Compostela como destino turístico e no que esperan abrir novos destinos de forma progresiva.
Vueling aspira a superar as e os 600.000 pasaxeiros ao ano no aeroporto de Santiago de Compostela en 2015 grazas ás conexións directas con Ámsterdam, Barcelona, Bruxelas, Málaga, Palma de Mallorca, París, Roma e Zúric incrementando os pasaxeiros e pasaxeiras en todas e cada unha das rutas anteriormente citadas así como coas incorporacións de novos destinos a Berlín, Dusseldorf e Múnic aproveitando o tirón turístico da cidade, que promociona nas súas canles oficiais como na imaxe que se amosa nesta información.
Fonte e foto: santiagoaeropuerto.com
Novas relacionadas




