Santiago Camba pon fin ao IX Consello de Comunidades Galegas en Uruguai "semente da Galicia sen fronteiras"

O consello- máximo órgano representativo das comunidades galegas asentadas no exterior- celebrouse entre o 6, 7 e o 8 de decembro e congregou a 135 representantes das comunidades galegas no exterior.

Camba sinalou que esta etapa que ven de abrir caracterizarase pola ampliación dos dereitos sanitarios “é o comezo dunha etapa onde asentaremos, consolidaremos e daremos empuxe ás nosas políticas socioasistenciais”, puntualizou.

“Este Consello de comunidades galegas foi unha porta aberta aos ventos que airearán nosa galeguidade. Unha Galicia de todos e para todos”, concluiu.

Listen to this page using ReadSpeaker
14 de decembro de 2009.

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, puxo fin ao IX Pleno do Consello de Comunidades Galegas- que celebrou a súa reunión trianual en esta ocasión en Montevideo-.

Durante o acto de clausura do IX Consello, o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, explicou que “pensar o futuro da galeguidade, imaxinar o mundo no que queremos vivir obriga a dotarnos de instrumentos lexislativos, executivos, sociais e tecnolóxicos”.

Camba sinalou que esta etapa que ven de abrirse caracterizarase pola ampliación dos dereitos sanitarios “é o comezo dunha etapa onde asentaremos, consolidaremos e daremos empuxe ás nosas políticas socioasistenciais”, puntualizou.

Novamente, apelou a “abrir o espacio de encontro dos centros á mocidade” e a “render tributo especial ás mulleres da galeguidade e a facer da igualdade de oportunidades unha insgnia das súas vidas societarias”.

O secretario xeral invitou aos 135 representantes das entidades galegas a que as entidades “especialmente aquelas prestadoras de servizos sexan sostibles, comno unha tarefa inaplazable”. “Este Consello de comunidades galegas foi unha porta aberta aos ventos que airearán nosa galeguidade. Unha Galicia de todos e para todos”, concluyó.

Consello de Comunidades Galegas
O Consello de Comunidades Galegas, creado pola Lei galega 4/1983, de Recoñecemento da Galeguidade é o órgano representativo das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia. Con carácter deliberante e funcións consultivas, o consello asesora á Administración autonómica no cumprimento dos fins establecidos na lei 4/1983.

Nova Comisión Delegada
Durante este IX Pleno tivo lugar a elección da nova comisión delegada permanente quen asesorará á Administración Autonómica na execución de accións a favor da Galicia Exterior.

- Membro natos: un representante do Centro Gallego de Buenos Aires e outro da Casa de Galicia de Montevideo.

Os membros electos resultaron:

- Catro vocais representantes dos centros de España inscritos no Rexistro de Comunidades Galegas: Casa de Galicia de Valladolid, Agrupación Cultural Saudade, Casa Cultural de Galiza de Elgoibar, Lar Gallego de Sevilla.

- Catro vocais representantes dos centros do resto de Europa inscritos no Rexistro de Comunidades Galegas: Cº Gº de Londres (Reino Unido), Cº Gº Gallego de Hannover e V. (Alemania), Sociedade A Nosa Galicia de Xenebra (Suíza), Socidad Cultural Recrativa O Lar Gallego de Rotterdan (Holanda).

- Catro vocais representantes dos Centros de América inscritos no Rexistro de Comunidades Galegas: Cº Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo de Buenos Aires (Argentina), Viveiro y su Comarca de La Habana (Cuba), Centro Gallego de Montevideo, Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

Durante o período de tempo que dure o seu mandato, a Comisión Delegada reunirase anualmente. A última das súas xuntanzas tivo lugar en novembro de 2008 en Lisboa.

1737 lecturas