Rueda salienta as vantaxes do programa Retorna Cualifica Emprego que xa propiciou a volta a Galicia de máis de 200 galegos no exterior

Salienta o dobre beneficio que propicia esta iniciativa ao atraer talento e experiencia á comunidade a través de contratos indefinidos, ao mesmo tempo que axuda a cubrir vacantes laborais.

A Xunta destinará 1,8 M€ nas contas do vindeiro ano a este programa, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026.

  • O presidente da Xunta mantivo un encontro en Oroso con dez traballadores que se acolleron á iniciativa para acadar un posto no grupo Vegalsa-Eroski
    O presidente da Xunta mantivo un encontro en Oroso con dez traballadores que se acolleron á iniciativa para acadar un posto no grupo Vegalsa-Eroski

Listen to this page using ReadSpeaker
Oroso (A Coruña), 28 de novembro de 2023.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou as vantaxes do programa Retorna Cualifica Emprego ao facilitar o regreso de máis de 200 galegos residentes no exterior e ofrecer preto de 600 ofertas laborais desde a súa posta en marcha o pasado mes de febreiro. Neste sentido, salientou o dobre beneficio que propicia esta iniciativa ao atraer talento e experiencia á comunidade, ao mesmo tempo que axuda a cubrir vacantes laborais.

Así o destacou en Oroso durante un encontro con dez participantes nesta iniciativa que comezaron a traballar no grupo Vegalsa-Eroski, grazas tamén á Fundación Venancio Salcines, colaboradora co programa xunto coa Fundación Nortempo. Os beneficiarios, procedentes do Uruguai, Arxentina, Venezuela, México e Cuba, puideron acollerse a axudas para a viaxe, así como desfrutar de formación orientada ao emprego, un contrato indefinido e achegas para comezar a súa nova vida na comunidade. Oito deles entraron a formar parte do cadro de persoal da nova nave loxística de Sigüeiro, mentres que os dous restantes fixeron o propio nas instalacións da Coruña. 

Neste sentido, Rueda destacou que a Xunta está a acadar o asentamento de poboación no rural e xerar emprego de calidade; facilitar o intercambio de coñecemento; ofrecer unha oportunidade aos galegos do exterior; incrementar a poboación activa de Galicia; e dar resposta ás necesidades do noso tecido produtivo ao proporcionar vantaxe competitiva ás nosas empresas.

Galicia, tal e como indicou o titular do Goberno galego, é unha Comunidade que progresa e que crea emprego, para o que precisa man de obra cualificada. Neste contexto, a Xunta quere ofrecer unha oportunidade aos galegos e galegas no exterior para que poidan desenvolver un proxecto de vida na súa terra.

Polo tanto, o presidente comprometeu o apoio do Goberno galego a este programa ao destinar 1,8 millóns de euros nas contas do vindeiro ano para favorecer o regreso de máis galegos residentes no exterior. Retorna Cualifica Emprego forma parte da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 mediante a cal a Xunta de Galicia pretende facilitar o regreso de 30.000 galegos.

276 lecturas