Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
08Setembro2023140 mozos e mozas do exterior participaron en diferentes programas da Secretaría Xeral da Emigración durante o presente ano audio Cos e coas 17 participantes do programa Conecta Voluntariado Galicia, que Rodríguez Miranda recibiu esta mañá, son 140 as e os nados ou descendentes que descubriron a cultura, historia e patrimonio de Galicia. Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude e a Consellería de Cultura e Educación, destínase a galegas e galegos residentes no exterior de entre 21 e 30 anos, e levarase a cabo do 8 ao... Máis información
-
07Setembro2023Galicia pon en marcha unha Oficina Móbil de Atención a Emigrantes Retornados para achegar o asesoramento integral ao rural audio A Secretaría Xeral da Emigración destinará 250.000 euros á posta en marcha deste servizo que achegará a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno aos concellos con maior número de retornados. O obxectivo é poder chegar a todas aquelas familias que o precisen e que presentan dificultades para achegarse a unha das cinco sedes físicas desta Oficina nas catro provincias galegas. Dende a posta en marcha deste servizo, que forma parte... Máis información
-
07Setembro2023Emigración aposta por potenciar o eido de información laboral e fiscal básica na Oficina Integral de Retorno en Ourense audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a sede situada na rúa Concello da cidade das Burgas onde destacou a aposta da Xunta polo retorno coa ampliación das e dos técnicos destinados a apoiar aos galegos e galegas do exterior nos eidos laboral, social e xurídico na súa volta a Galicia, que contará ademais, como no resto de Galicia, dende agora con asesoramento tributario e fiscal básico. Recordou que a... Máis información
-
06Setembro2023Rodríguez Miranda interésase nos proxectos previstos polo décimo aniversario da Casa de Galicia en Alcorcón audio A secretaria da entidade, Carmen Lamas, compartiu co secretario xeral da Emigración as actividades previstas por esta entidade, a máis nova da comunidade madrileña. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu á secretaria da Casa de Galicia en Alcorcón, Carmen Lamas, coa que falou, entre outros temas, dos proxectos previstos polo décimo aniversario deste centro galego. Esta entidade, que conta cunha ampla actividade... Máis información
-
06Setembro2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, destaca a importancia dos xogos de salón para manter a unión entre a colectividade galega audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao inicio das 48ª Olimpiadas de Juegos de Salón da Liga Española Deportes del Uruguay, na que participan as entidades galegas Centro Gallego de Montevideo, o Centro Pontevedrés, A Casa de Galicia, o Club Social CUTCS e o Centro Alma Gallega, entre outras. A delegada destacou a importancia que este tipo de iniciativas teñen para manter a unión entre a colectividade galega e española no... Máis información
-
05Setembro2023Emigración destaca a figura de Antonio Palacios como afianzador da identidade galega a través da arquitectura audio Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou a mostra “Construír a paisaxe” realizada pola artista Amelia Palacios, sobriña-bisneta do famoso arquitecto galego, co gallo do 150º aniversario do seu nacemento. O secretario xeral da Emigración agradeceu a iniciativa posta en marcha pola Federación de Asociaciones Gallegas en Madrid, FAGAMA. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á inauguración da exposición que sobre a figura... Máis información
-
04Setembro2023Miranda analiza con Manuel Enríquez, presidente do Consello da Comunidade Española da Baixada Santista, a situación da colectividade no Brasil audio Manuel Enríquez aproveitou a visita para valorar e agradecer a colaboración da Secretaría Xeral da Emigración no que a apoio económico, humano e social se refire. Antonio Rodríguez Miranda recibiu na Secretaría Xeral da Emigración a Manuel Enríquez, presidente do Consello da Comunidade Española da Baixada Santista, colonia que agrupa ao Centro Español de Santos, á Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficencia Rosalía de Castro así como ao... Máis información
-
04Setembro2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asiste ao 144º aniversario do Centro Gallego de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto de homenaxe ao Centro Gallego de Montevideo co gallo do seu 144º aniversario, que tivo lugar no polideportivo de Carrasco. Durante o evento, a delegada da Xunta estivo acompañada de outras autoridades españolas como o encargado de negocios da embaixada de España, Carlos Domínguez, ou a consejera de Trabajo y Seguridad Social, Isabel de Zulueta. Elvira Domínguez destacou a... Máis información
-
01Setembro2023Representantes de Casas de Galicia de Barcelona e do Centro Galego de Tarragona reúnense co secretario xeral da Emigración audio Marisol Pérez e Manoel Carrete aproveitaron o encontro para facer balance das actividades deste primeiro semestre nas súas respectivas entidades. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu a Marisol Pérez, secretaria de Casas de Galicia de Barcelona, e a Manoel Carrete, vicepresidente de cultura do Centro Galego de Tarragona. Ambos representantes mantiveron un encontro para facer balance das actividades que levaron a... Máis información
-
31Agosto2023Miranda visita en Ribadeo unha respostería artesanal e ecolóxica posta en marcha por dúas galegas retornadas audio O proxecto empresarial “Pan de Limón”, fundado no ano 2021, xorde da iniciativa de dúas galegas retornadas do Reino Unido e Alemaña e está integrado nas liñas de Axudas ao Retorno Emprendedor. Esta subvención da Secretaría Xeral da Emigración ten aberto o prazo de solicitude ata o 29 de setembro e a contía comprende entre os 6.000 e 10.000 euros. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega,... Máis información
Páxinas |