O «Núcleo Feminino» de Baía fortalece lazos cos e coas descendentes de galegos e galegas

Amalia Casal Rey, exdirectora do Centro de Estudos Galegos de Salvador de Baía presentou o proxecto ante as e os responsables da entidade.

Listen to this page using ReadSpeaker

Associação Cultural Caballeros de Santiago.Amalia Casal Rey, a exdirectora do Centro de Estudos Galegos de Salvador de Baía, presentou un proxecto que tratará de promover o traballo sociocultural integrado e que será desenvolvido polo Núcleo Feminino Hispano Galego, vinculado á súa vez á Asociación Cultural Caballeros de Santiago.

Esta entidade busca preservar a cultura e identidade ancestral e fortalecer os lazos entre cidadás e cidadáns galegos e a súa descendencia xa integrada na comunidade bahiana.

O proxecto será responsabilidade do Núcleo Feminino Hispano Galego de Caballeros de Santiago e desenvolverase a través de talleres de carácter artístico-cultural, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes, da rede pública de ensino e a persoas da terceira idade.

O proxecto foi presentado por Amalia Casal Rey, exdirectora de do Centro de Estudos Galegos de Baía, psicóloga e xornalista, profesional de recoñecida actuación na difusión dos valores culturais no contexto da emigración hispano-galega en Baía e en Galicia, onde foi correspondente da Radio e Televisión de Galicia e do xornal Galicia no Mundo.

731 lecturas