O INE publica hoxe a Estatística de Variacións Residenciais que destaca que Galicia mantivo en 2020 o signo positivo migratorio pese ao efecto covid

A comunidade autónoma rexistrou un maior número de entradas con respecto ás saídas, que acada un total de 14.616 persoas a pesar das restricións á mobilidade do ano pasado.

O saldo migratorio co estranxeiro segue a ser positivo en 8.408 persoas.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou hoxe a Estatística de Variacións Residenciais
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou hoxe a Estatística de Variacións Residenciais
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2021.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou hoxe a Estatística de Variacións Residenciais que vén a destacar que Galicia mantivo en 2020 o signo positivo migratorio pese ao efecto da covid-19 e as fortes restricións á mobilidade.

No ano 2020 mantívose o signo  positivo do saldo migratorio total en Galicia, é dicir, un número maior de entradas con respecto ás saídas, que acada un total de 14.616 persoas. A pesar de todas as restricións a mobilidade do ano 2020, este é o segundo mellor saldo de toda a serie histórica dende 2010, só por detrás do pasado ano, que era positivo en 17.747 persoas.

É importante destacar que o saldo migratorio co estranxeiro segue a ser positivo en 8.408 persoas, a pesar las fortes restricións co estranxeiro derivadas da pandemia a partir dos primeiros días de marzo de 2020.

Tamén é moi significativo o forte incremento das entradas procedentes doutras CC.AA. e a diminución das saídas, que provocou un saldo positivo de 6.208 persoas, o máis elevado da serie histórica.

A pesar da situación de pandemia no ano 2020 e as súas consecuencias na mobilidade internacional, Galicia volve ter unhas cifras de retorno dende o estranxeiro de preto de 4.000 persoas (3.842).

Segundo a información que se recolle nesta estatística de variacións residenciais, o 73% das persoas que chegaron a Galicia desde o exterior teñen menos de 45 anos, e unicamente o 6,57% son maiores de 65.

539 lecturas