Miranda visita no centro residencial docente de Ourense os 70 formadores de entidades galegas no exterior que participan no programa “Escolas Abertas”
Baile tradicional galego
Canto popular e pandeireta
Canto popular e pandeireta
Confección de traxe tradicional galego
Confección de traxe tradicional galego
Confección de traxe tradicional galego
Confección de traxe tradicional galego
Gaita tradicional galega
Gaita tradicional galega
Habilidades directivas
Percusión tradicional galega
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou no Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense os 70 formadores de distintas disciplinas que participan nesta nova edición de “Escolas Abertas”. O responsable autonómico aproveitou a tarde para coñecer de primeira man a experiencia dos alumnos de cada unha das seis especialidades incluídas no programa da Xunta de Galicia: gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego (especialidades demandadas polas propias comunidades galegas), e a novidade deste ano, habilidades directivas. Os formadores, convertidos en pupilos durante a súa estadía en Galicia, proceden da Arxentina, Cuba, O Uruguai, Venezuela, O Brasil, Chile, España, os Estados Unidos de América, México e Suíza, onde á súa volta poderán estender os coñecementos adquiridos durante estas dúas semanas de intensa carga lectiva aos seus propios alumnos.
Novas relacionadas



