Miranda mantén un encontro co Presidente da Federación de Sociedades Galegas

Asiste, na Universidade da Habana, á presentación do libro ‘Sándalo’ de María Xosé Porteiro, un “compendio da historia compartida entre Galicia e Cuba nos últimos dous séculos, que se telle a través de relatos de migración”.

Miranda mantén un encontro co Presidente da Federación de Sociedades Galegas
Miranda mantén un encontro co Presidente da Federación de Sociedades Galegas
Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 13 de febreiro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou hoxe a súa primeira xornada da viaxe oficial a Cuba cun encontro con Sergio Toledo, presidente da Federación de Sociedades Galegas, a quen agradeceu o traballo que realizan a prol da colectividade galega na illa.  
 
Así mesmo, e durante o transcurso desta primeira xornada, Rodríguez Miranda asistiu tamén á presentación da segunda novela de María Xosé Porteiro, Sándalo. Un compendio, subliñou o secretario xeral, “da historia compartida entre Galicia e Cuba nos últimos dous séculos, que se tece a través de relatos de migración”. 

“Sándalo é un relato vivo e moi presente que nos lembra todo aquelo que fomos e que somos, que entrelaza as historias de Cuba e de Galicia ata irmandalas a través das viaxes e dos feitos a un e a outro lado do océano”, subliñou Miranda no transcurso dun acto que tivo lugar na Universidade da Habana.

En imaxes
238 lecturas