Miranda invita aos galegos e galegas de Europa a ser protagonistas indiscutibles desta nova lexislatura autonómica
O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro telemático cos membros da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que representan a España e o resto de Europa.
España, Suíza ou Portugal son algúns dos países á cuxa actualidade se achegou o responsable do departamento autonómico.
- O secretario xeral da Emigración, durante a reunión cos e coas representantes das entidades galegas en España e o resto de Europa
- O secretario xeral da Emigración, durante a reunión cos e coas representantes das entidades galegas en España e o resto de Europa
- O secretario xeral da Emigración, durante a reunión cos e coas representantes das entidades galegas en España e o resto de Europa
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, amosou esta tarde o “apoio de todo o Goberno galego nestes momentos de especial dificultade para a sociedade española e internacional” a todas as galegas e os galegos de Europa, incluídos os que residen noutras comunidades autónomas de España, así como para convidalos a “ser protagonistas indiscutibles desta nova etapa do departamento autonómico nesta lexislatura que vén de comezar”.
O secretario xeral da Emigración concluíu a primeira rolda de contactos coas e cos galegos do exterior da presente lexislatura cunha reunión telemática cos membros da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que representan a España e ao resto de Europa. Logo dun primeiro encontro virtual cos e coas responsables das entidades de América, o titular do departamento autonómico centrou a súa axenda pública cunha videoconferencia para achegarse á realidade da colectividade galega de países como Suíza ou Portugal, entre outros.
Miranda, que vén de renovar o seu cargo logo dos últimos oito anos á fronte da Secretaría Xeral da Emigración, repasou a actualidade, tanto sanitaria como social, non só de países veciños, senón tamén a das comunidades autónomas elixidas para representar a España na Comisión Delegada. Castela e León, a Comunidade Valenciana, Andalucía e Cataluña estiveron, así, representadas nesta nova xuntanza do órgano permanente da Galicia exterior.
Novas relacionadas