Miranda destaca a preservación das tradicións galegas no exterior durante a reunión cos e coas docentes do programa Escolas Abertas

Imaxe da reunión celebrada hoxe na sede da SXE
Imaxe da reunión celebrada hoxe na sede da SXE
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión cos profesores e profesoras que impartirán clases durante o programa Escolas Abertas que comeza este xoves. As e os docentes, especializados en gaita, percusión, pandeireta, baile e traxe tradicional galego, destacaron a importancia de transmitir e preservar as tradicións culturais galegas entre as novas xeracións de galegas e galegos no exterior. Durante a reunión, o secretario xeral subliñou o compromiso da Xunta de Galicia coa formación continua e a difusión da cultura galega, agradecendo ás profesoras e profesores o seu esforzo e dedicación.

As e os docentes expresaron a súa ilusión por participar neste programa e resaltaron a oportunidade que supón para fortalecer os lazos culturais e sociais entre Galicia e as comunidades galegas de Europa e América. Miranda afirmou que estas iniciativas son esenciais para manter viva a identidade galega no exterior e para fomentar o intercambio cultural.

501 lecturas