Miranda asiste en Santiago de Compostela ao encontro de confraternidade coa Asociación Día de Galicia en Asturias

Imaxe de hoxe en Santiago de Compostela
Imaxe de hoxe en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe, en Santiago de Compostela, ao encontro de confraternidade organizado pola Asociación Día de Galicia en Asturias, no que tamén estiveron presentes a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o alcalde de Oviedo, Alfredo Canteli, a presidenta do Lar Gallego de Avilés, Ana María Fernández Grela, e o presidente da asociación organizadora, Manuel Fernández Quevedo.

A Asociación Día de Galicia en Asturias foi fundada en 1992 e entre os seus obxectivos fundamentais destaca a promoción da cultura galega a través de diferentes actos como concertos, exposicións ou conferencias. Entre os seus socios e socias de honra atópanse Alberto Núñez Feijóo, Marta Fernández Currás ou a propia Ana Pastor. Na actualidade conta con 128 persoas asociadas.

312 lecturas