Miranda anuncia na súa visita a Cuba o incremento das axudas ás familias galegas no exterior

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, asegurou en Cuba que "o obxectivo principal é axudar ás necesidades básicas das familias galegas no exterior que enfrontan dificultades económicas”.

Miranda supervisou a entrega destas axudas das que se beneficiaron mais de 5.000 familias en Cuba: “ A Xunta intensifica o seu compromiso coa colectividade galega”.

  • Imaxe da visita a Cuba do secretario xeral da Emigración
    Imaxe da visita a Cuba do secretario xeral da Emigración

Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 7 de decembro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración incrementou o orzamento destas axudas nun 30%, alcanzando os 3,55 millóns de euros. Este esforzo reflicte o compromiso continuo da Xunta coas comunidades galegas en situación de vulnerabilidade ao redor do mundo.

Durante a súa visita a Cuba, Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, tivo a oportunidade de atoparse cos beneficiarios e beneficiarias destas axudas. Nas súas palabras, "o obxectivo principal é atender as necesidades básicas das familias galegas no exterior que enfrontan dificultades económicas". Miranda supervisou a entrega destas axudas das que se beneficiaron mais de 5.000 familias en Cuba e recordou que a Xunta “intensifica así o seu compromiso coa colectividade galega”

A convocatoria destas axudas realízase baixo un réxime de concorrencia non competitiva, dirixido a emigrantes de orixe galega e ás e aos seus familiares no estranxeiro que se atopen en situacións de alta precariedade económica. A axuda consiste nun pago único, representando unha parte significativa do orzamento anual da Secretaría.

Os criterios de valoración para outorgar estas axudas inclúen o grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, a idade da persoa solicitante, e as cargas familiares.

As axudas divídense en cinco categorías: para familias en situación de precariedade, para persoas con enfermidades graves ou dependencia, para persoas incapacitadas para o traballo por invalidez ou enfermidade permanente, para maiores de 65 anos con enfermidades crónicas e falta de cobertura médica, e para mulleres que sofren violencia de xénero.

A Secretaría Xeral da Emigración mantense firme no seu compromiso de apoiar ás comunidades galegas no exterior, asegurando que ninguén quede atrás nestes tempos desafiantes.

342 lecturas