Mensaxe de condolencia polo pasamento de Ernesto Atanes, "Father"

Na imaxe de arquivo, Ernesto Atanes (á dereita) no acto no que lle foi entregada a Medalla de Honra da Emigración
Na imaxe de arquivo, Ernesto Atanes (á dereita) no acto no que lle foi entregada a Medalla de Honra da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017.

Os galegos de todo o mundo comparten hoxe o fondo pesar da nosa comunidade en Londres, polo pasamento de quen foi -e seguirá sendo para sempre na nosa memoria colectiva- unha importante figura da nosa diáspora.

Ernesto Atanes, persoa comprometida e de dilatada traxectoria na axuda aos demais -e especialmente aos membros das colectividades galega e española máis desfavorecidos- deixará fonda pegada entre os que tiveron a fortuna de coñecelo, tanto no Reino Unido como na súa Galicia natal.

E deixará tamén escritas páxinas de ouro na historia da Galicia Universal, no noso ADN social como pobo.

Descansa en paz, Father.

2193 lecturas