As medidas de fomento do retorno da Xunta contribúen a reverter a tendencia ascendente do número de galegas e galegos do exterior, que se sitúan en 527.449

Baixan por primeira vez as e os galegos que viven no estranxeiro polo descenso das e dos nados en Galicia.

O total de galegas e galegos do exterior diminúen dos 529.038 aos 527.449 actuais, e os que naceron na comunidade pasan de 136.962 a 131.446.

O 24,9% das e dos galegos residentes no exterior naceron en Galicia, mentres o 73,6% naceron xa no estranxeiro.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de facer públicos os datos do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE), a 1 de xaneiro de 2023
O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de facer públicos os datos do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE), a 1 de xaneiro de 2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2023.

As medidas de fomento do retorno da Xunta de Galicia contribúen a reverter a tendencia ascendente do número de galegas e galegos do exterior, que se sitúa así nos 527.449 fronte aos 529.038 do ano anterior.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de facer públicos os datos do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE), a 1 de xaneiro de 2023, que constata un cambio na tendencia do continuo  incremento da poboación galega incscrita no PERE, que diminúe en 1.589 persoas con respeto ao ano anterior. En relación co resto de España, o peso das e dos inscritos por Galicia segue a disminuir, pasando do 24% en 2009 ao 18,9% en 2023.

Ademais, os datos do 1 de xaneiro de 2023 evidencian que o número de cidadás e cidadáns galegos do exterior nados en Galicia continúa a descender, consolidando así a tendencia iniciada hai xa oito anos.

Deste xeito, o número de emigrantes (galegas e galegos nados en Galicia residentes no exterior) pasa dos 136.962 que había inscritos en 2022 aos 131.446 que hai actualmente, baixando en 5.516, producíndose, á vez, un cambio de tendencia na poboación galega que reside no exterior que baixa dos 529.038 aos 527.449.

Os datos aportados polo PERE destacan que Arxentina segue a ser o país con maior número de galegas e galegos residentes, 189.499, seguida por Brasil (50.333) e por Cuba (46.968). O cuarto país do mundo en número de cidadás e cidaáns galegos, e  primeiro de Europa, é Suíza con 41.121. Francia, Alemaña e Reino Unido completan a lista de países con maior colectividade galega no continente europeo.

Segundo o lugar de nacemento, aumentou a porcentaxe de nacidas e nacidos no estranxeiro nas novas inscricións recollidas en 2023, situándose no 86,4%, sendo Arxentina e Cuba os países co maior número de novas inscricións. O 24,9% das e dos galegos residentes no exterior naceron en Galicia (fronte ao 42,44% de 2009), mentres o 73,6% naceron xa no estranxeiro.

433 lecturas