Feijoo visitará Uruguai, Brasil e Colombia a mediados de xullo «para abrir mercados»

Mesmo podería engadir un cuarto á lista de países obxectivo.

Listen to this page using ReadSpeaker

O presidente da Xunta, nunha foto de arquivo.Dando continuidade ao anuncio que realizara no Parlamento hai uns días, o presidente da Xunta avanzou que «aproximadamente a mediados de xullo» se desprazará a Sudamérica «en viaxe económica», «para abrir mercados». «Probablemente», precisou Alberto Núñez Feijoo, visitará Bogotá, en Colombia; Sao Paulo e Río de Xaneiro, en Brasil; e Uruguai, en cuxa capital, Montevideo, exerce como embaixador de España o exconselleiro de Cultura Roberto Varela.

O xefe do Executivo autonómico, ao termo da reunión semanal do seu Gabinete, inscribiu esa misión na necesidade de buscar novos nichos de negocio para as empresas da comunidade. «O contido está por pechar», apostilou, non obstante, Feijoo. Mesmo podería engadir un cuarto á lista de países obxectivo.

 

 

 

Fonte: La Voz de Galicia

773 lecturas