Exposición "Galicia, un relato no mundo"

Listen to this page using ReadSpeaker
1153 lecturas

Do 15 de novembro de 2019 ao 12 de abril de 2020 pode visitarse no Museo Centro Gaiás (na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela) a mostra Galicia, un relato no mundo, organizada pola Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura, coa colaboración do Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración, e comisariada por Manuel Gago Mariño.

  • Galicia, un relato no mundo explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade. Concibida como a primeira de tres grandes exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021, centrarase nas relacións internacionais de Galicia e a súa presenza no mundo.
  • No marco da exposición chegan por vez primeira a Galicia destacadas pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país e que se atopan en prestixiosas coleccións museísticas en distintos recantos do mundo. O público galego terá así a oportunidade única de contemplar nunha mesma mostra obras chegadas de institucións de referencia como a Cambridge University- Parker Library, as Bibliotecas Bodleian da Universidade de Oxford, a Biblioteca Apostólica Vaticana, a Biblioteca de Arezzo en Italia ou o Museu Nacional de Arqueologia de Portugal.
  • Así, a mostra ofrece ao público galego a posibilidade de contemplar obras como a Biblia Kennicott –unha das biblias xudías máis valiosas, creada no s.XV na Coruña–; a Santa de Asorey –que o propio escultor cambadés cualificou como a obra da que estaba máis satisfeito– dous Códices Calixtinos: os Liber Sancti Iacobi da Biblioteca Vaticana e da Universidade de Salamanca –dous dos tres únicos calixtinos iluminados ademais do orixinal de Santiago que se conservan no mundo–. 
  • Chegan por primeira vez a Galicia obras como o Libro das Invasións –onde se atopa a primeira mención coñecida a Breogán, o personaxe lendario cuxo fillo Ith avistou Irlanda desde o faro de Brigantia, e figura destacada no propio Himno Galego, que converte Galicia no Fogar de Breogán–; o Cancioneiro da Vaticana –peza imprescindible da lírica galaico-portuguesa– ou o Mapa de Sawley, considerado un dos primeiros mapa mundi enciclopédicos europeos que na época do Pórtico da Gloria (s.XII) representa a Catedral de Santiago como o edificio máis importante de Europa.

Datas e horarios de visita:

  • De martes a domingo, de 10:00 a 20:00 h (entrada de balde)
  • Visitas comentadas: de martes a domingo ás 17:00  h (de balde)

Catálogo en liña: picar aquí para acceder

Máis info: www.cidadedacultura.gal | Facebook | Twitter | Instagram | YouTube

Exposición "Galicia, un relato no mundo"
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Xunta de Galicia
Fundación Cidade da Cultura
Data: 
15.11.2019
12.04.2020
Hora: 
10:00
Lugar:
Museo Centro Gaiás (andar 1 e 2) - Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela - 15707A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Ciclo Mestre Mateo de cine galego, en Las Palmas
16.05.2023, 23.05.2023, 06.06.2023, 20.06.2023
Ciclo Mestre Mateo de cine galego, en Vitoria
17.05.2023, 25.05.2023, 08.06.2023, 22.06.2023