Un espazo para os recordos máis queridos dos emigrantes
Os retornados afirmaron que sempre que se pode visitamos o país onde vivimos.
A Sexta Xuntaza da Emigración, celebrada en Palas de Rei, creou un espazo idóneo para recordar as etapas como emigrantes de moitos dos asistentes, así como serviu aos descendentes presentes para compracerse das súas raíces.
En palabras do Presidente da Coordinadora Federal de Asociacións Galegas en Alemaña, Ramiro Vieito, constitúe 'un día de festa e intercambio de aventuras'. Un exemplo diso, tivo lugar cando o segundo tenente de alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado, recibiu de mans do alcalde do municipio, Pablo Taboada, a medalla de ouro da Emigración. O pai de Pensado viviu durante 35 anos en Venezuela.
Por outra parte, moitos dos emigrantes retornados que asistiron ao encontro, recoñeceron que viaxan 'sempre que poden' aos lugares nos que viviron durante varios anos. Outros afirman que andamos de alá para acá'.
Fuente: La Región
Novas relacionadas



