Emigración promove o asociacionismo entre emigrantes e retornados

Refórzanse as axudas económicas ás asociacións que favorecen a integración sociolaboral destes colectivos, así como o multiculturalismo e actividades de sensibilización.

Rexístrase un aumento do movemento asociativo destes colectivos, paralelamente a unha maior presenza de poboación inmigrante e retornada en Galicia.

O asociacionismo “está a ser moi positivo para abrir novas canles de participación cidadá, convivencia e de integración social”, deféndese desde Emigración.

Grazas a estas achegas implementaranse os recursos materiais e humanos das asociacións.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Secretaría Xeral de Emigración incrementou a partida destinada ás liñas de axudas ás asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes que desenvolven programas que favorecen a integración sociolaboral, o multiculturalismo e que potencian actividades no eido da formación e sensibilización destes colectivos na nosa comunidade autónoma.

Para este ano 2009 presentaron solicitudes de subvención un total de 66 asociacións o que supón un aumento con respecto das que o fixeran nos anos anteriores. Paralelamente supón un importante crecemento do número de socios, que pasou dos case 4.000 asociados en 2.004 aos máis de 15.000 que se benefician actualmente deste programa de axudas.

En Galicia estase conformando un novo escenario social, no que unha parte moi significativa da poboación é migrante e no que a diversidade cultural representa un factor fundamental.

Así, a creación dse novas de asociacións maniféstase como unha consecuencia lóxica da suba do volume de inmigrantes e retornados existentes en Galicia, resultando o asociacionismo “moi positivo para abrir novas canles de participación cidadá, convivencia e de integración social”, deféndese desde Emigración.

Participación cidadá e corresponsabilidade social
Un dos maiores desafíos da poboación inmigrante é articularse para ter unha participación efectiva na sociedade, que axude a canalizar as súas inquedanzas, demandas e necesidades. Desde Emigración considérase “vital” a importancia do movemento asociativo das persoas inmigrantes, “de cara á defensa dos seus intereses e para que poidan transmitir ás institucións e a todos os ámbitos da sociedade civil as súas suxestións e puntos de vista”.

O crecemento do fenómeno inmigratorio demanda na práctica da administración e de todos os axentes sociais implicados a adopción dunha política activa de medidas que faciliten o proceso de acollida e adaptación inmigrantes e retornados que elixiron Galicia como terra de futuro.

Froito deste coñecemento, desde a Secretaría Xeral de Emigración, potenciaranse os programas conducentes a facilitar un asesoramento e orientación continuada en materia de mediación intercultural en tódalas administracións públicas i entidades sociais que traballan no sector.

“Galicia en cifras”
Actualmente hai en Galicia un total de 95.568 inmigrantes, cifra que case se cuadriplicou respecto do ano 2.000, que se registraban 25.602 empadroados. Os principias países de inmigración resultan: Portugal- 18.521 inmigrantes-, Brasil- 10.574-, Colombia- 8.279-, Romanía- 5.187-, arxentina- 5.148- e Marrocos- 4.667-.

En termos porcentuais, do total da poboación galega- 2.784.169 habitantes- os nosos inmigrantes representan un 3,4%, asentándose mayoritariamente nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

Respecto da población retornada, cerca de 37.800 residen hoxe en Galicia. América é o continente do que proceden a maioría dos emigrantes retornados representado un 86,5 %, seguido de Europa que supón un 13,3 %.

Galicia é a terceira comunidade autónoma, despois de Madrid e Cataluña, que recibe máis españois procedentes do estranxeiro. Isto indica a importancia do retorno a Galicia, que pasou de ser un país de emigración no pasado a ser un país de retorno nestes últimos anos, máis propiamente que de inmigración – se a comparamos coa totalidade de España-.

2405 lecturas