Emigración destaca que os últimos datos do IGE manteñen o valor positivo do saldo migratorio en Galicia

O Instituto Galego de Estatística fixo público nas últimas horas o seu balance de Indicadores Migratorios onde se destaca, entre outros datos, que en 2021 a diferencia entre as entradas e saídas de persoas en Galicia presentou un valor positivo de 14.448 cidadás e cidadáns.

Tamén destaca que dende 2016, a taxa de entrada de cidadáns e cidadás supera á taxa de emigración en Galicia.

Os datos da idade media das e dos que entran e saen de Galicia reflicten que, dende o ano 2017, o proceso migratorio está a favorecer o rexuvenecemento da poboación galega, cunha idade media dos que fixan a súa residencia na nosa comunidade autónoma de 37,8 anos.

O Instituto Galego da Estatística publica o balance de Indicadores Migratorios 2021
O Instituto Galego da Estatística publica o balance de Indicadores Migratorios 2021
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou os últimos datos aportados por el Instituto Galego de Estatística,a través do seu balance de Indicadores Migratorios, xa que indican que Galicia mantén o valor positivo do saldo migratorio en Galicia cun valor favorable de 14.448 persoas.

Tamén destacou o secretario xeral como moi positivo o feito de que dende 2016 a taxa de inmigración supere a de emigración en Galicia, tomando no ano 2021 os valores de 9,9 saídas por cada 1.000 habitantes fronte ás 15,3 entradas por cada mil habitantes, “o que vén indicar que Galicia leva xa anos sendo un área de atracción para aqueles que desexan iniciar unha nova vida ou retornar á terra”.

A análise das idades medias das persoas que entran e saen de Galicia reflicte que dende o ano 2017 o proceso migratorio está a favorecer o rexuvenecemento da poboación galega, e de feito, as idades promedio das persoas que chegan a Galicia é inferior á das que saen. No 2021, a idade media das que saíron foi de 37,8 mentres que a das que fixaron na comunidade autónoma a súa residencia foi de 38,2. “Deste xeito, os movementos exteriores, tanto co resto de España coma co estranxeiro, producen un efecto de rexuvenecemento da poboación galega no 2021 en tódalas comarcas, o que dende a Xunta vemos como un dato esencial para a nosa demografía”, engadiu Antonio Rodríguez Miranda. 

En relación aos galegos e galegas que residen no exterior, o balance de Indicadores Migratorios destaca que aínda que a poboación de nacionalidade española inscrita no Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro segue a crecer, faino grazas ás e aos descendentes. De feito, só o 26,5%, das e dos que residen fóra de Galicia son nados na comunidade autónoma, unha cifra que está a decrecer ano a ano, baixando así en case 2.500 persoas en relación a 2021, mentres o 72,6% naceu xa no exterior.

Neste senso, os países de América seguen a concentrar a maioría dos galegos e galegas, o 77,6%, mentres que Europa concentra o 21,5% do total. O 31% ten 65 anos ou máis, mentres o 9,5% ten 15 anos de idade ou menos. De feito, dúas de cada tres novas inscricións no PERE de galegas e galegos tivo lugar en América, e preto do 84% das novas inscricións eran persoas nadas en terceiros países. O 60% das novas inscricións foron persoas menores de 35 anos. 

295 lecturas