Case 3.000 fillos e netos de emigrantes retornaron a Galicia no 2010.

Suíza segue sendo o principal foco de retorno para os descendentes.

Listen to this page using ReadSpeaker
3 de febreiro de 2011.
Un total de 2.796 fillos e netos de emigrantes galegos nacidos no estranxeiro optaron por establecerse en Galicia durante o último ano, segundo os datos do padrón municipal do 2010. A cifra descendeu en comparación co ano anterior, cando foron 3.285 os galegos coa nacionalidade española que fixeron o camiño contrario para instalarse na comunidade.
 
Suíza continúa sendo o país dende onde regresan máis descendentes. Dende Bélxica, Portugal, Francia, Reino Unido e Holanda houbo un incremento no número de retornados o ano pasado entre as segundas e terceiras xeracións de emigrantes. O mesmo aconteceu dende os focos tradicionais de América, destacando o caso de Venezuela. Dende este país viaxaron para instalarse en Galicia no último ano 301 descendentes de emigrantes que escapan da inestabilidade en territorio venezolano. A Lei da Memoria Histórica leva tamén a facer crecer a mesma opción en Cuba.
1237 lecturas