Camba manterá encontros con "Interlocutores de relevancia" no eido da muller e mocidade no Brasil

Desprazarase ata as grandes cidades do país -Río de Janeiro, Santos e Sao Paulo- onde visitará varias entidades de carácter socio-asistencial, como a Sociedade de socorros mutuos e beneficente Rosalía de Castro.

O secretario xeral da Emigración, na súa primeira viaxe institucional ao Brasil, busca explorar novas vías para fixar máis “interlocutores de relevancia” no eido da mocidade e da muller no seo da colectividade, e así salvagardar estas áreas na emigración como garante de futuro dunha “galeguidade contemporánea” no exterior.

Santiago Camba participará no actos conmemorativos polo 150º aniversario da Sociedade Española de Beneficencia en Río e na celebración da Semana da Hispanidade da Sociedade Recreio dos Anciaos.

Manterá unha xuntanza cónsul xeral de España en Sao Paulo, Manuel Fairén, e con representantes do organización do I Congreso de Mulleres Españolas en Brasil

Listen to this page using ReadSpeaker
25 de setembro de 2009.

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, está hoxe no Brasil, onde permanecerá ata o vindeiro martes 29. Nesta primeira viaxe institucional ao país visitará á colonia de galegos residentes nas cidades de Río de Janeiro, Santos e Sao Paulo e manterá encontros con “interlocutores de relevancia para buscar novas vías de participación para a mocidade e a muller no seo da colectividade, de cara a salvagardar estas áreas na emigración, e como garante de futuro do tecido asociativo no exterior”.

Con este fin, o secretario xeral encontrarase hoxe con membros da sección de mozos da Peña galega da Casa de España en Río- futuros membros dos equipos directivos e de xestión- e principais dinamizadores do papel cultural do centro na comunidade e “responsables no avenir do engarce de Galicia co resto do mundo”, apuntou Camba.

Actos conmemorativos Así mesmo, o secretario xeral, participará nos actos conmemorativos polo 150º aniversario da Sociedade Española de Beneficencia en Río e na celebración da Semana da Hispanidade da Sociedade Recreio dos Anciaos.

A axenda completarase con xuntanzas de traballo e percorridos polas instalacións da Sociedade de socorros mutuos e beneficente Rosalía de Castro e a Sociedade Hispano brasileira de socorros mutuos e instruçao; todas elas entidades de corte socioasistencial, que colaboran de xeito efectivo na sanidade dese país, e que contan con centros médicos hospitalarios, mutualidades ou asilos que coas súas prestacións benefician, na súa mayoría, a familias de galegos. Será xa o martes, 29, cando se reúna co cónsul xeral de España en Sao Paulo, Manuel Fairén, e con representantes do organización do I Congreso de Mulleres Españolas en Brasil, no Instituto Cervantes de Sao Paulo. 

Programa de actos públicos:

Venres, 25 de setembro

17:00h. Visita á Peña Galega da Casa de España (Rúa Vitorio da Costa, 254 – Humaitá. 22261-060 Rio de Janeiro)

19:00h. Cea en Casa de España cos directivos das institucións da colectividade en Río de Janeiro

Sábado, 26 de setembro

13:00h. Visita á Sociedade Española de Beneficencia (Rúa Riachuelo, 302. 20230-013 Rio de Janeiro)

• Entrega de placa conmemorativa polo seu 150º Aniversario.

20:00h. Actos de celebración do 150º Aniversario da Sociedade Espanhola de Beneficencia. Presentación do libro: 150 Anos de historia da Sociedade Española de Beneficencia. No Iate Clube de Río de Janeiro, Av. Pasteur, 333 – Praia Vermelha, Río de Janeiro

Domingo, 27 de setembro

10:00h. Actos de celebración da Semana da Hispanidade na SOCIEDADE RECREIO DOS ANCIÂOS PARA ASILO DA VELHICE DESAMPARADA. (Rúa Conde de Bonfim, 1098 / 1110, Tijuca 20530-003 Rio de Janeiro)

• Recepción da directiva

• Intervencións:

o Cónsul xéral, Francisco José Viqueira Niel,

o Secretario xeral da Emigración, Santiago Camba Bouzas

o Presidente da Sociedade, Daniel Loureiro Velay,

• Izado de bandeiras

• Ofrenda froral en honra ao fundador da Sociedade: Manuel Cabanelas.

Luns, 28 de setembro

12:30h. Visita ao CENTRO ESPANHOL E REPATRIAÇAO DE SANTOS (Avda. Ana Costa, 286 Santos)

13:00h. Visita á SOCIEDADE DE SOCORROS MUTUOS E BENEFICENTE ROSALÍA DE CASTRO (Rúa Dr. Cunha Moreira, 147 Santos)

19:00h. Encontro coa Presidenta de SOCIEDADE HISPANO BRASILEIRA DE SOCORROS MUTUOS E INSTRUÇAO (Hotel Golden Tulip Belas Artes Rúa Frei Caneca, 1199 Sao Paulo)

Martes, 29 de setembro

10:00h. Xuntanza co cónsul xeral de España en Sao Paulo, Manuel Fairén Sanz. (Avda. Brasil, 948– Sao Paulo)

11:00h. Reunión con representantes do Comité Organizador do I Congreso de Mulleres Españolas en Brasil Instituto Cervantes. (Avda. Paulista, 2439.7º- Sao Paulo)

2165 lecturas