Alfonso Rueda presenta o libro “El llanero solidario” do político venezolano Ramón Guillermo Aveledo

Aveledo foi secretario persoal do presidente de Venezuela, Luis Herrera Campíns.

O libro ofrece un acercamento á historia mais recente da América latina por voz dunha das súas persoas protagonistas.

Listen to this page using ReadSpeaker
4 de maio de 2012.
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, durante a súa intervención. Autor: Xoán Crespo
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, durante a súa intervención. Autor: Xoán Crespo

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presentou onte en Santiago o libro El llanero solidario do político venezolano Ramón Guillermo Aveledo, na sede da Fundación NovaGalicia

O libro que se presentou na tarde de onte é un acercamento á historia máis recente da América latina, xa que o doutor Aveledo comparte coas e cos lectores o privilexio que tivo de ser secretario persoal dunha das persoaxes máis relevantes da historia iberoamericana, o presidente Luis Herrera Campíns, presidente de Venezuela dende 1979 ata 1984.

Rueda, que estivo acompañado polo secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, resaltou a importancia de achegarse e coñecer a historia de América latina, xa que coñecer a historia e a personalidade de Venezuela é coñecer un pouco máis a idisioncracia dos miles de galegos e galegas que viviron e viven nese país

O autor do libro El llanero solidario é doutor en Ciencias Políticas, avogado, político, profesor, deputado do Congreso da República, presidente da Cámara de Deputados, e secretario privado do presidente Luis Herrera Campíns. Tamén foi presidente de Venezolana TV. Aveledo é autor de dezaoito libros que versan sobre temas xurídicos, políticos e históricos.

714 lecturas