130 aniversario do Centro Gallego de Montevideo

Con motivo do 130º do Centro Gallego de Montevideo o presidente da Xunta enviou unha mensaxe de felicitación “de orgullo como galego”, emitida ao través dunha pantalla de gran tamaño ante centos de persoas da colectividade.

A visita a Latinoamérica significará ter cumprido coa promesa electoral da tarxeta sanitaria para a emigración.

O presidente animou á colectividade a seguir construindo Galicia desde o Uruguai, alabou á xeneroxidade dos galegos durante máis dun século e a un Centro Gallego “vivo e cunha enorme capacidade de facernos sentir españois, galegos e uruguaios”.

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, quen acudiu como representante do Goberno Galego recordou que “se ben nunha sociedade dominada polo "eu" atopámonos co inesquecible exemplo de mutualismo secular do Centro Gallego de Montevideo é agora o momento de ser precursores en integrar aos máis mozos nas entidades propias”.

Listen to this page using ReadSpeaker

Máis de 500 galegos da colonia uruguaia participaron na xuntanza celebrada onte con motivo do 130 aniversario do Centro Gallego de Montevideo, á que acudiu como representante da Xunta o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba Bouzas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, enviou unha mensaxe de felicitación “de orgullo como galego”, engadiu, que foi emitida ao través dunha pantalla de gran tamaño ante centos de persoas da colectividade na que animou á colectividade a seguir construindo Galicia desde o Uruguai, alabou á xeneroxidade dos galegos durante máis dun século e a un Centro Gallego “vivo e cunha enorme capacidade de facernos sentir españois, galegos e uruguaios”.



Os asistentes ao acto visualizando a menzaxe enviada polo presidente da Xunta

Así mesmo, Núñez Feijoo, comprometeuse a viaxar ao Uruguai antes da fin do ano, unha visita a Latinoamérica que significará ter cumprido coa promesa electoral da tarxeta sanitaria para a emigración.

O secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, quen acudiu como representante do Goberno Galego recordou que “se ben nunha sociedade coma actual dominada polo "eu" atopámonos co inesquecible exemplo de mutualismo secular do Centro Gallego de Montevideo que dictou as pautas de comportamento vindeiras, é agora momento de ser precursores en integrar aos máis mozos nas entidades propias, buscando a súa participación en campos diversos e abríndolles camiño nos equipos directivos de xestión”. 

Ne mesma liña, Santiago Camba, expresou que “á nosa Terra Nai a vencellan con Montevideo pasado, presente e un futuro seguro de que o mellor está por chegar”. Con esta reunión culminou un ano de actividades lúdicas e culturais que tiveron unha grande repercusión no Uruguai, como a romería celebrada o pasado marzo na que chegaron a congregarse máis de 30.000 persoas.

Así logo, o goberno do país austral- quen declarou monumento histórico á institución no 2003- recoñeceu a proxección do Centro Gallego nos seus 130 anos de vida, coa edición dun selo conmemorativo do Aniversario, como xa acontecera polo 2004, cando se cumplían 125 anos “de actividade ininterrompida nesta Casa, principal referente para todos os que nos afanamos en seren cultivadores da galeguidade no mundo”, destacou Camban o transcurso da súa intervención.

Imaxe do secretario xeral de emigración, Santiago Camba, no transcurso da súa intervención

O evento foi celebrado no parque polideportivo de Carrasco, que conta cun predio de 28.000 metros cadrados nunha privilexiada ubicación. A orixe da edificación está no afán de unificar a toda a colectividade galega residente no Uruguai, especialmente aos mozos fillos e netos descendentes, promovendo distintas actividades deportivas e de carácter social e cultural.

Institución decana para a colectividade irmandada no exterior

O referido Centro é a institución dese carácter máis antiga do mundo, seguida pola da cidade de Buenos Aires e pola da Habana respectivamente.

Durante a súa longa vida o Centro Gallego ten desenrollado un vasto programa cultural e social con ciclos de conferencias, obras teatrais, exposicións, concertos, cursos e festivais de danza clásica española e folklórica galega. “Ilustres como Otero Pedrayo, Blanco Amor, Gregorio Marañón... foron testigos coetáneos de excepción”, apuntou o secretario xeral da Emigración.

Ademais da intensa actividade nos planos lúdico, cultural e deportivo, na tarefa de seren difusores dos valores da galeguidade- obxectivo que figura nas bases fundacionais dos irmáns Salgado Vázquez- organizan diversas actividades de carácter benéfico en apoio do Hogar Español de Ancianos. Así mesmo, coordinan diversos programas asistenciais a favor dos descendentes de gallegos, especialmente dos máis desfavorecidos, co gallo de “promover o benestar moral e material dos asociados e da colectividade galega establecida neste país”, recóllese entre os obxectivos redactados hai máis dun século.

Ao respecto Camba sinalaba que a contribución dos emigrantes Galegos no Uruguai “non se limitou á remesa de capitais, senón recaeu en elementos hoxe considerados cruciais, que atenden ao benestar social básico das persoas e, moi especialmente, a proxectos educativos, proporcionando instrucción”.

Plenitude institucional: fitos cronológicos de interese

1879 Foi fundado o 30 de agosto polos irmáns Salgado Vázquez. Data que o acredita coma o máis antigo en funcionamento do mundo.

1923 Construcción da sé social nun dos pazos de maior valor arquitectónico e histórico de Montevideo. Nel se acolle á sala Valle Inclán, o salón de honra Rosalía de Castro, a biblioteca Concepción Arenal, a sala de Lectura Castelao, Parrillero varias salas de xuntanzas, sala de Xogos e de Ensaios, e de Teatro con capacidade para unhas cincocentas persoas. Os nomes que bautismaron ás estancias dan fé da intensa actividade intelectual e artística da que sempre, desde a súa constitución, foi expoñente o Centro Galego.

1994 Inauguración do parque social e complexo polideportivo de Carrasco.

2002 Medalla de Galicia na categoría de Prata.

2003 Premio Otero Pedraio.

2003 Declarada a súa sé Monumento Histórico polo Ministerio de Educación e Cultura da República do Uruguai

2004 Con motivo do 125 Aniversario emítese un selo postal conmemorativo pola Dirección Nacional de Correos.

2004 Premio Entreculturas da Deputación de Pontevedra.

2005 O ex -presidente da Xunta, Manuel Fraga inaugura a oficina de información xuvenil e a oficina de información para o retorno.

1582 lecturas