Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
08Novembro2025Miranda: “A colaboración coas autoridades locais é clave para fortalecer os vínculos da colectividade galega” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en São José do Rio Preto un encontro institucional co prefeito do municipio, Fabio Candido, no que se abordaron as posibilidades de reforzar os lazos entre Galicia e a colectividade galega residente nesta cidade brasileña. Durante a xuntanza, Miranda subliñou o papel fundamental que xogan estas relacións locais no exterior para apoiar ás familias galegas, fomentar a... Máis información
-
07Novembro2025A delegada da Xunta acompaña á delegación empresarial de Lugo na súa visita ao Uruguai audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, recibiu na sede da Delegación da Xunta á Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e á representación da Deputación Provincial. Tamén acompañou aos representantes do empresariado e ás autoridades da Deputación Provincial nos encontros ministeriais, con representantes sectoriais do país, así como coa representación diplomática de España. Domínguez subliñou o papel da colectividade galega como... Máis información
-
07Novembro2025Miranda presenta en Curitiba as oportunidades de retorno: “O retorno é unha oportunidade compartida, para quen volve e para a propia Galicia” audio Este tipo de accións divulgativas son fundamentais para informar de primeira man á colectividade galega no exterior sobre as posibilidades reais que existen para o seu regreso. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, ofreceu unha sesión informativa en Curitiba na que participou un numeroso público interesado nas posibilidades de retorno que ofrece a Xunta de Galicia. Durante o encontro, explicáronse as principais liñas de... Máis información
-
07Novembro2025Miranda pon en valor o papel de Rosalía de Castro como símbolo da conexión entre Galicia e o mundo trala súa visita a Biblioteca do Instituto Cervantes de Curitiba audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a biblioteca Rosalía de Castro do Instituto Cervantes de Curitiba, no marco da súa viaxe institucional a Brasil. Durante o encontro, interesouse polo labor que desenvolve esta institución na difusión da cultura hispánica e, en particular, pola presenza de autores galegos e obras en lingua galega no seu fondo bibliográfico. Miranda puxo en valor o papel que desempeñan centros... Máis información
-
06Novembro2025Miranda tras manter un encontro de traballo con responsables da Alcaldía de Curitiba: “Fortalecer os lazos institucionais con Brasil é tamén apoiar a nosa colectividade galega no exterior” audio O secretario xeral da Emigración abordou con Rodolpho Feijó, xefe de Asuntos Internacionais e Protocolo da cidade de Curitiba, liñas de colaboración en materia de colectividade galega. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta tarde un encontro de traballo con Rodolpho Feijó, xefe de Asuntos Internacionais e Protocolo da cidade de Curitiba, na sede da Alcaldía. A reunión enmárcase na súa visita institucional a... Máis información
-
05Novembro2025Miranda inicia unha nova viaxe que o levará a visitar tres estados do Brasil para reencontrarse coa colectividade galega e promover os programas de retorno da Xunta audio O secretario xeral da Emigración visitará por primeira vez Curitiba (Paraná) e São José do Rio Preto (São Paulo), ademais de manter encontros tamén en Salvador de Bahía. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia mañá unha nova viaxe institucional a Brasil, un país cunha destacada presenza galega e cunha intensa actividade. O obxectivo desta visita é seguir fortalecendo os lazos coa colectividade e dar a coñecer as... Máis información
-
04Novembro2025A Xunta reivindica en Barcelona o modelo galego a prol de sumar, formar e reter talento en beneficio dun mercado laboral cada vez máis dinámico e competitivo audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou hoxe nun encontro promovido pola Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña e Nortempo. Nun evento centrado no emprego, na mobilidade e na colaboración, José González referiuse á Galicia como terra de oportunidades tanto para os residentes, como para as persoas retornadas ou procedentes de 3º países, a través do emprego de calidade. Puxo en valor a futura Oficina de Atracción de... Máis información
-
01Novembro2025A delegada da Xunta en Uruguai destaca na entrega do Premio Asorey o compromiso da colectividade galega en Uruguai coa preservación das tradicións audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, participou no acto de entrega do Premio Asorey 2025, outorgado pola Casa de Galicia de Montevideo ao gaiteiro Carlos González Siri, en recoñecemento a súa traxectoria artística e a súa contribución á difusión da música e da cultura galega no país. Durante a súa intervención, Domínguez puxo en valor o compromiso da colectividade galega en Uruguai coa preservación das tradicións e o labor desta... Máis información
-
31Outubro2025Miranda apoia aos galegos que impulsan a reactivación do Centro Galego de Perú audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cun membro da directiva do Centro Galego do Perú, Kilder Podestá, co obxectivo de coñecer de primeira man a situación actual desta entidade e avanzar nas liñas de colaboración para reforzar a presenza cultural galega no país andino. Durante a reunión, Miranda destacou que sempre é importante ter un lugar de referencia da cultura galega e manifestou o seu... Máis información
-
30Outubro2025Miranda: “Os centros galegos de Euskadi son un exemplo de compromiso coa a nosa cultura que segue viva e presente fóra da nosa terra, grazas ao esforzo das súas directivas e socios” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontró de traballo con Mónica Calvo, presidenta do Centro Galego de Álava e da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, co obxectivo de afondar no traballo da colectividade galega asentada no País Vasco. A reunión permitiu intercambiar impresións sobre os retos actuais e explorar novas liñas de colaboración que contribúan a fortalecer o vínculo cultural e social con... Máis información
Páxinas |









