Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
29Abril2026A Xunta lanza unha nova edición do Retorna Cualifica Emprego coa que promoverá o retorno con traballo de 200 persoas galegas do exterior audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2026 do Retorna Cualifica Emprego, enmarcado na Estratexia Galicia Retorna e que favorece o regreso de galegos e galegas da diáspora e a cobertura de vacantes por parte de empresas. Este programa xa permitiu que 400 galegos e galegas cunha idade media de 35 anos voltaran desde 21 países diferentes, acompañados moitos deles por familiares —en total, outras 160 persoas—, e que traballan en... Máis información
-
28Abril2026Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do ciclo de cine Mestre Mateo audio Dez entidades galegas de América, Europa e resto de España serán os lugares onde se poderán visualizar os filmes finalistas nas categorías, tanto de mellor longametraxe como de mellor documental, nos premios Mestre Mateo. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou, xunto ao director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño, o programa do ciclo de cine Mestre Mateo que poderán desfrutar a través da... Máis información
-
27Abril2026O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou en Luján na inauguración da exposición 'Iacobus Gaudet: Los caminos de Santiago en Galicia' audio O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou en Luján na inauguración da exposición 'Iacobus Gaudet: Los caminos de Santiago en Galicia', unha proposta que permite ao público arxentino achegarse á dimensión histórica, cultural e espiritual dos itinerarios xacobeos. O Camiño de Santiago continúa a ser un dos grandes símbolos que conectan Galicia co mundo. A mostra, obra do fotógrafo Manuel Valcárcel, ofrece un... Máis información
-
27Abril2026López Campos erixe o cocido de Lalín como embaixador internacional da cultura gastronómica de Galicia audio O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude foi nomeado Comendador na celebración desta cita que, por vez primeira, se realiza na Casa de Galicia en Nova York. O representante do Goberno galego salienta a “tradición, memoria e comunidade” que supón este prato e que considera “expresión culinaria da identidade do pobo galego”. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, erixiu o cocido de Lalín como “embaixador... Máis información
-
26Abril2026A Xunta divulga o talento artístico galego coa inauguración da mostra de Manolo Paz en Nova York audio O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, acompañado polo secretario xeral de Emigración, inaugurou a mostra do artista galego ‘A distancia que une’ en Park Avenue. López Campos destaca a oportunidade que supón esta iniciativa para proxectar a cultura galega no exterior na antesala da celebración do Xacobeo 2027. Refírese ao escultor de Cambados como “o mellor embaixador para dar mostra da nosa Galicia Calidade a atraer o interese do turismo... Máis información
-
25Abril2026Miranda destaca o papel das Casas de Galicia en Barcelona como “referente de galeguidade e punto de encontro da colectividade” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo coa presidenta da Asociación Casas de Galicia de Barcelona e Provincias, co obxectivo de coñecer a actividade prevista para este ano de esta entidade e reforzar as liñas de colaboración coa Xunta de Galicia. Durante a reunión, o responsable autonómico puxo en valor o labor das casas de Galicia en Cataluña como espazos fundamentais para manter viva a... Máis información
-
24Abril2026Miranda reafirma o apoio da Xunta á Irmandade Galega na Suíza audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con Noemí F. Mera, presidenta da Irmandade Galega na Suíza, co obxectivo de coñecer a situación da colectividade galega neste país e avanzar en novas vías de colaboración. Durante a reunión, ambos abordaron os principais retos e oportunidades da comunidade galega en Suíza, así como o papel activo que desenvolven as entidades na promoción da cultura.... Máis información
-
21Abril2026Anunciadas as datas de Escolas Abertas 2026! audio Xa temos datas para Escolas Abertas 2026! Do 8 ao 20 de xullo, Santiago de Compostela acollerá unha nova edición deste programa da Secretaría Xeral da Emigración, dirixido a quen mantén viva a nosa cultura no exterior. Unha oportunidade única para formarte e seguir medrando nas túas habilidades: Baile tradicional galego Canto popular e pandeireta Gaita tradicional galega Percusión tradicional galega Confección de traxe... Máis información
-
20Abril2026A Xunta promoverá o retorno con traballo de 200 persoas galegas do exterior dentro do modelo propio de atracción de talento conectado co tecido laboral audio O Consello do Goberno galego coñeceu hoxe a nova edición do Retorna Cualifica Emprego, enmarcado na Estratexia Galicia Retorna e que favorece o regreso de galegos e galegas da diáspora e a cobertura de vacantes por parte de empresas. Este programa xa permitiu que 400 galegos e galegas cunha idade media de 35 anos regresasen desde 21 países diferentes, acompañados moitos deles por familiares — en total, outras 160 persoas—, e que traballan en 60... Máis información
-
18Abril2026A delegada da Xunta en Uruguai salienta o papel da colectividade galega no IV Aniversario da Casa de Galicia audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou nos actos de conmemoración do cuarto aniversario da Casa de Galicia, onde puxo en valor o labor desta entidade como punto de encontro e difusión da cultura galega no país. Durante a celebración, destacou o compromiso da colectividade galega coa preservación das súas raíces e subliñou a importancia de contar con espazos que manteñan viva a cultura, a lingua e as tradicións... Máis información
Páxinas |









