Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
05Xaneiro2026Antonio Rodríguez Miranda analiza a situación que vive a colectividade galega en Venezuela no programa "Bos Días" da TVG audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no programa Bos Días, da Televisión de Galicia, onde analizou a situación que vive a colectividade galega en Venezuela. Durante a entrevista, Miranda abordou a situación das familias galegas residentes en Venezuela e o seguimento permanente que realiza a Xunta de Galicia para garantir información, apoio e acompañamento ás persoas galegas no exterior. Galicia mantense... Máis información
-
03Xaneiro2026A Xunta acerca a cultura galega a preto de 1.500 alumnos a través da formación nas Comunidades Galegas do exterior audio Este ano impartíronse medio centenar de obradoiros culturais desenvolvidos en 40 entidades do exterior de máis de 10 países do mundo con formadores desprazados desde Galicia. Déuselle formación de alta especialización a medio cento de formadores de ata 10 países do exterior no programa de Escolas Abertas en Galicia. A Xunta de Galicia fixo balance positivo dos programas Obradoiros e Escolas Abertas, dúas iniciativas complementarias da... Máis información
-
02Xaneiro2026Un ano de encontros e aprendizaxes: Vídeo - Resumo dos Programas da SXE, no ano 2025 audio O 2025 foi un ano de encontros e aprendizaxes. Un tempo no que Galicia estivo máis preto de quen vive fóra, grazas a programas que conectan xeracións, talentos e historias de vida. Escolas Abertas, Aula Galicia Aberta, Saborea Galicia Calidade, Conecta co Voluntariado, Retorno Emprendedor, o XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, Conecta con Galicia no Camiño, as BEME ou os Reencontros con Galicia forman parte dun mesmo camiño: manter... Máis información
-
01Xaneiro2026A colaboración entre a Xunta e as dioceses permitiu que no 2025 10.000 persoas galegas do exterior conseguisen documentación sobre a súa orixe familiar audio Ante o incremento sostido das solicitudes, o Goberno galego reforza esta colaboración co obxectivo de garantir unha atención rigorosa e áxil ás persoas residentes no exterior. A Xunta de Galicia mantén unha colaboración estable coas dioceses galegas para facilitar ás persoas emigrantes galegas e á súa descendencia a consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia. Este traballo conxunto abrangue a Arquidiocese de Santiago... Máis información
-
31Decembro2025Discurso de Fin de Ano 2025 de Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia audio Alfonso Rueda - Balance do Ano 2025 (1): https://youtu.be/6l6uAPRTruY Alfonso Rueda - Balance do Ano 2025 (2): https://youtu.be/MDHhFOEfd1g Alfonso Rueda - Balance do Ano 2025 (3): https://youtu.be/Hg6v_F05ow4 Discurso de Fin de Ano 2025 de Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia Hoxe despedimos un 2025 intenso, que convida a facer balance con serenidade. Foi tamén o Ano Castelao, unha oportunidade para mirar Galicia con perspectiva e... Máis información
-
30Decembro2025A Xunta leva a Mar del Plata a mensaxe do Camiño de Santiago como símbolo de identidade europea e de unión cultural audio O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, xunto coa vicecónsul de España en General Pueyrredón, Claudia Álvarez Argüelles, participou este luns na inauguración da exposición "Camino de Santiago", primeiro itinerario cultural europeo, que se pode visitar na galería de exposiciones do Hotel Costa Galana de Mar del Plata. A mostra, ofrece un percorrido visual polos territorios europeos que forman parte da Federación... Máis información
Páxinas |





