Xuntanza anual 2023 "Galegos de festa"
Ás nosas entidades amigas, as súas comisións directivas e colectividades:
O grupo de baile, cantareiras e música do Centro Arzuano Mellidense convídaos a participar da Xuntanza anual 2023 "Galegos de festa", o sábado 23 de Setembro ás 20.30 hs, na nosa sede (Cochabamba 3245, CABA).
Ofreceremos un tradicional menú galego que inclúe, entre outras opcións salgadas, doces e vexetarianas, as nosas típicas empanadas de atún e tarta de Santiago. Para beber haberá viño, cervexa e bebidas sen alcol.
Os grupos artísticos da casa e outros invitados da colectividade presentarán o seu espectáculo durante toda a noite e logo, o escenario abrirase para todos os que queiran tocar música ou bailar. Todos os presentes poderán traer os seus instrumentos e deleitarnos coa súa música mentres a pista de baile habilitarase para quen desexe acompañarnos. ¡Recordá traer os teus instrumentos para participar!.
Máis info: @BaileYMusica_Cam | @CentroArzuanoMellidense | Facebook do CAM AQUÍ | Facebook de baile e música AQUÍ | Perfil de Youtube
