Xornadas BEME - Emprego, na Universidade de Santiago de Compostela
O luns 9 de abril a partir das 10:00 h, no Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC, a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela organizan as Xornadas BEME - Emprego, dirixidas aos/ás mozos/as participantes no programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME, co obxecto de prestarlles información e asesoramento no seu proceso de inmersión no mundo laboral.
Programa (picar aquí para descargar):
Bloque I - Actividades Formativas (en grupos grandes)
- 10:00 h - Presentación
- 10:20 h - Conferencia Motívate
- 10:55 h - Conferencia Branding
- 11:35 h - Descanso
Bloque II - Obradoiros prácticos (en grupos reducidos)
- 11:45 h - Obradoiro Coñece os mercados
- 12:25 h - Obradoiro Procesos e entrevistas
- 13:05 h - Obradoiro O momento de emprender
- 14:00 h - Peche

Evento:
Xornadas
Organiza:
Secretaría Xeral da Emigración
Universidade de Santiago de Compostela - USC
Data:
09.04.2018
Hora:
10:00
Lugar:
Facultade de Filosofía da USC - Salón de actos
Praza de Mazarelos, s/n
Santiago de Compostela - 15703A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: