Xornada informativa 'Vivir e traballar en Bremen'
O martes 4 de decembro das 16:00 ás 20:00 h, na Arbeitnehmerkammer da cidade hanseática, celebrarase a xornada informativa Vivir e traballar en Bremen, con entrada gratuíta.
- Nesta xornada poderase asistir ás charlas en español e en alemán (con tradutor) e consultar as túas dúbidas nas casetas informativas das diferentes institucións.
- Haberá unha mesa redonda na que se poderán intercambiar experiencias con outros/as españois/las da zona.
- De levar o CV, poderase pedir unha revisión rápida.
Temas que se tratarán:
- Onde e como podo atopar traballo na rexión?
- Que dereitos e obrigacións teño no meu traballo?
- Quen me informa sobre o seguro de enfermidade, as prestacións ou as miñas cotizacións sociais en Alemaña?
- Recoñécese a miña titulación en Alemaña?
Programa: picar aquí para descargar
Inscrición: enviar un correo-e co nome á dirección dusseldorf@mitramiss.es (as prazas son limitadas)

Evento:
Xornadas
Organiza:
Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social de la Embajada de España
Arbeitnehmerkammer Bremen
IQ-Netzwerk
Agentur für Arbeit Bremen
Handelskammer Bremen
Data:
04.12.2018
Hora:
16:00
Lugar:
Arbeitnehmerkammer Bremen
Bürgerstraße 1
Bremen - 28195Bremen Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026





