116 aniversario da Sociedade Parroquial de Vedra en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

11 lecturas

A Sociedade Parroquial de Vedra, en Bos Aires, celebra o domingo 6 de setembro, a partir das 13:30 horas, un gran xantar para conmemorar o seu 116 aniversario.

Unha xornada de xuntanza e celebración, na que tamén se conmemorará a festa do Día das Dores, celebración típica do concello coruñés.

A xornada comezará coa procesión desde o centro, ás 11:30 horas, para continuar coa misa, ás 12:15 horas, continuar co xantar, a partir das 13:30 horas, e finalizar co concerto de Rocío del Cielo e a especial Queimada final.

O menú para este encontro estará composto de:

  • Friames.
  • Paella (ou lombo de porco).
  • Bebidas, sobremesa e café.

Ademais da actuación da artista Rocío del Cielo, tamén animará o evento o conxunto de baile e música tradicional do Centro.

Reservas (ata o 3 de setembro): 4931-3448 | 11-3616-8875.

Entrada: Adultos - $55.000 | Menores de 10 anos - $28.000.

Máis info: Facebook | Instagram | Web.

116 aniversario da Sociedade Parroquial de Vedra en Bos Aires.
Evento: 
Aniversario
Organiza: 
Sociedade Parroquial de Vedra
Data: 
06.09.2026
Hora: 
11:30
Lugar:
Sociedade Parroquial de Vedra
José Mármol 760
Cidade Autónoma de Bos Aires - C1236ABHCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina
booked.net