Webinario sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior #BEME 2022-2023
O mércores 10 de marzo ás 18:00 h (hora española), a Secretaría Xeral da Emigración organiza un webinario informativo sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) 2022-2023 para mozas e mozos galegos residentes no exterior que queiran cursar un máster nunha das universidades de Galicia.
- A actividade está orientada a estudantes nacidos/as en Galicia ou descendentes de galegos/as que residan no exterior e queiran coñecer máis información sobre o programa, e tamén a entidades académicas, centros, institucións etc. interesadas.
- A Secretaría Xeral da Emigración presentará a 6ª edición das bolsas, que conta con 250 prazas, o número máis alto dende o inicio do programa.
Pode seguirse en:
- https://xunta.webex.com/xunta/j.php?MTID=me8399650609e761b60bb4079ce04cdea
- Ou no Facebook Live de GaliciaAberta.
Máis información: beme.emigracion@xunta.gal | Tlf. & WhatsApp: +34 604 068 008

Evento:
Webinar
Organiza:
Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Data:
10.03.2022
Hora:
18:00
Lugar:
Secretaría Xeral da Emigración
Praza de Mazarelos, 15
Santiago de Compostela - 15703A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
25.11.2023, 30.11.2023